- Tematica
O departamento de Deportes vén de abrir un novo prazo de inscrición nas Escolas deportivas municipais, tras rematar o primeiro período para anotarse. Nesta segunda oportunidade poderán formalizar a matrícula todas aquelas persoas que non o fixeron na primeira quenda ou que quedaran excluídas desta. Tamén poderán anotarse aqueles/as aos/ás que xa se lles adxudicou praza noutra actividade (segunda actividade). Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto coa oferta de actividades das Escolas deportivas.
Os/as interesados/as poden xestionar a matrícula de forma telemática a través da plataforma Cronos, premendo aquí, e accedendo ao módulo “inscrición en clases”. Nesta ligazón atoparás as instrucións de funcionamento de Cronos.
Unha vez que, habendo prazas libres, se obtivera praza na plataforma, deberá xestionarse o pagamento solicitando a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación (métodos):
-Realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello, (non precisa certificado electrónico), premendo na opción de "Pagar taxas".
-Solicitar a folla de autoliquidación nas oficinas de Recadación:
Email: ames@canaltributos.com
Teléfono: 981 88 48 96
Presencial: en Bertamiráns (Praza da Horta de Abaixo, número 6) e no Milladoiro (rúa da Viorneira, número 6).
Unha vez feita e aboada a autoliquidación antes da data de caducidade da mesma, non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a inscrición quedará anulada.
Actividades ofertadas
As actividades comezarán o mércores 1 de outubro e rematarán o 13 de xuño de 2026. Nesta ocasión, as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con baile moderno, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Os maiores de 14 anos poderán inscribirse nas actividades do programa “Ponte en Forma”, que inclúe adestramento funcional; aerozumba; ioga, pilates; spinning, abdominais e glúteos; e ximnasia de mantemento.
As tarifas para o curso completo son de 80 euros para os maiores de 18 anos e de 60 euros para os menores de 18 anos. No caso do segundo membro da unidade familiar serían 30 euros e no dun terceiro membro e seguintes de 15 euros.





