Solapas principales

Este venres, 19 de setembro, haberá un minuto de silencio en solidariedade co pobo palestino

Jueves, 18 septiembre, 2025
O Concello de Ames súmase á convocatoria da FEGAMP para condenar a ofensiva militar e o bloqueo humanitario executado polo goberno israelí contra o pobo palestino en Gaza. Por ese motivo, convócase para mañá venres, 19 de setembro de 2025, un minuto de silencio, ás 12.00 horas, diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro.