Solapas principales

Cortes programados no subministro da rede eléctrica o día 17 de outubro no Milladoiro

Miércoles, 15 octubre, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 17 de outubro en varias rúas do Milladoiro, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.

Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:

O Milladoiro, venres 17 de outubro, de 0.00 a 6.00 horas:

• Rúa das Hedras: números 25, 29, 30, 97, 103 e 104.
• Rúa Castiñeiras: números 105, 106, 107, 108, 109 e 110.
• Rúa das palmeiras: números 97 e 110.
• Rúa Oliveira: números 23, 24, 97, 98, 99, 100, 102 e 103.