Miércoles, 22 octubre, 2025
- Tematica
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 24 de outubro en varias rúas do Milladoiro, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
O Milladoiro, venres 24 de outubro, de 0.00 a 3.00 horas:
• Rúa da Xesta: números 49, 72, 73, 74, 75, 76.
• Rúa das Palmeiras: números 67, 68, 69, 70, 71.




