Avisos
Sábado, 1 noviembre, 2025
O Concello de Ames informa que, tras diversas inspeccións realizadas pola Policía Local debido á alarma social xerada nas redes sociais pola posible presenza de veleno ou cebos sospeitosos no paseo fluvial de Bertamiráns, non se atopou evidencia algunha deste feito.
Viernes, 31 octubre, 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 3 de novembro, no Milladoiro, na Travesía do Porto, ao carón do novo centro de saúde. O horario de atención será de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus, doa sangue”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos. No 2024 o municipio de Ames obtivo 1.501 doazóns cunha taxa que acadou as 46 doazóns por cada 1000 habitantes e ano.
Viernes, 31 octubre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 31 octubre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 30 octubre, 2025
A Policía Local de Ames recomenda extremar precaucións pola grande cantidade de persoas que acoden aos cemiterios parroquiais e ao cemiterio municipal con motivo do Día de Defuntos. É importante que as persoas que acudan aos camposantos estean en todo momento atentos ás súas pertenzas para evitar posibles roubos.
Participa na cata de produtos para o almorzo que se ofrecerá no mercado de horta e artesanía de Ames
Miércoles, 29 octubre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 1 de novembro organízase unha cata de produtos para os almorzos, en horario de 11.30 a 12.30 horas.
Lunes, 27 octubre, 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 28 de outubro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus, doa sangue”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos. No 2024 o municipio de Ames obtivo 1.501 doazóns cunha taxa que acadou as 46 doazóns por cada 1000 habitantes e ano.
Viernes, 24 octubre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 24 octubre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 24 octubre, 2025
GoPra Performance e colaboradores convidan ás familias de Ames a vivir unha experiencia única: descubrir o proceso creativo de Pedro e o Lobo nunha velada de arte en vivo. Será este venres, 24 de outubro, de 20.00 a 22.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A entrada é gratuíta.
- ‹ anterior
- 31 de 179
- siguiente ›




