Solapas principales

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por choiva e vento

Miércoles, 22 octubre, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 292/71GAL emitido ás 18:44 horas do 21/10/2025, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por CHOIVAS que está afectar a Coruña (Noroeste) ata a mañá do día 22/10/2025. Así mesmo, informa de nivel AMARELO por CHOIVAS a partir das 18:00 horas do 22/10/2025 na Coruña (Noroeste, Interior), Lugo (Montaña), Ourense (Noroeste, Miño, Sur) e Pontevedra (Interior e Miño). A precipitación acumulada pode acadar os 20 mm nunha hora e os 60 mm en 12 horas.

No mesmo boletín informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por VENTO que afectará á partir do mediodía do 22/10/2025, a Coruña (Noroeste e Interior) e Lugo (A Mariña e Centro), estendéndose pola tarde a Lugo (Sur e Montaña), Ourense (Montaña, Noroeste, Miño, Sur, Valdeorras) e Pontevedra (Interior). Os refachos poden superar os 80 km/h.

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, chame ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.

Multimedia