Avisos

Por ejemplo, 23-09-2026
Por ejemplo, 23-09-2026
Lunes, 9 febrero, 2026
Dende hoxe e ata o vindeiro 18 de febreiro está aberto o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames do ano 2025, a través dunha enquisa que se pode atopar neste aviso. A finalidade desta iniciativa é a participación da veciñanza nun dos premios que se entregarán na XVIII Gala do Deporte. O evento celebrarase o sábado 21 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e nel daranse a coñecer tamén os/as gañadores/as do resto de galardóns.
Lunes, 9 febrero, 2026
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 10 de febreiro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía. O horario de atención será de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Doa sangue, o mellor regalo”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.
Viernes, 6 febrero, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 6 febrero, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 5 febrero, 2026
O Concello de Ames informa de que están esgotadas as prazas para o cocido dos maiores de Ames que este ano se celebra o martes, 17 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón do Milladoiro. Os tíckets para o xantar hai que retiralos do 9 ao 13 de febreiro, de 9.00 a 14.00 horas, na Casa do Concello (departamento de gabinete de Alcaldía) ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Haberá servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa e contarase coa actuación musical de Eva e Camilo. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados.
Jueves, 5 febrero, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso nivel amarelo por vento, choiva e tormentas que afecta durante este xoves, 5 de febreiro, ao interior da provincia da Coruña. Este fenómeno pode acadar ata os 80 km/h nas áreas máis próximas á costa e ata 70 km/h nas áreas do interior. Ademais, as precipitacións acumuladas en 12 horas poden superar os 40 mm. Este fenómeno poderá ir acompañado de saraiba ou de algunha manga mariña ou pequeno tornado moi local.
Viernes, 30 enero, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 30 enero, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 29 enero, 2026
A caída dunha árbore no Casaliño, xunto cunha avaría derivada dunha tormenta eléctrica, provocaron cortes no subministro eléctrico que afectan tanto a vivendas como ao alumeado público. A incidencia foi xa notificada á empresa subministradora, Naturgy, para que proceda á súa resolución na maior brevidade posible. Dende o Concello mantense un seguimento da situación e informarase de calquera novidade ao respecto.
Miércoles, 28 enero, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 64/71GAL emitido este mércores, 28 de xaneiro, ás 18.53 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso nivel amarelo por vento, que afecta a toda a provincia da Coruña, Lugo (A Mariña e centro), e Pontevedra (interior) ata última hora deste xoves 29 de xaneiro. Este fenómeno pode acadar ata os 80 km/h nas áreas máis próximas á costa e ata 70 km/h nas áreas do interior.