Avisos
Lunes, 16 febrero, 2026
O Concello de Ames informa de que queda cancelada a visita da unidade móbil de expedición do DNI e pasaporte prevista para este mércores, 18 de febreiro, á localidade de Bertamiráns. Pódese solicitar cita para a visita de dita unidade durante os meses de marzo, abril, maio e xuño.
Viernes, 13 febrero, 2026
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Entroido Lúdico 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 13 febrero, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 13 febrero, 2026
O Concello de Ames informa sobre o aviso de nivel laranxa emitido este venres, 13 de febreiro, pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por avenidas.
Viernes, 13 febrero, 2026
Desde o departamento de Normalización Lingüística infórmase de que se esgotaron as prazas para o espectáculo “Peter Punk e o neno imperdible”. Esta actividade vaise a realizar o vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.
Jueves, 12 febrero, 2026
Infórmase de que por motivos alleos ao Concello de Ames hai que suspender ata novo aviso o servizo municipal de transporte adaptado. O autobús que presta dito servizo apareceu cun cristal roto polo que ata que se arranxe non poderá volver a prestar servizo. A interrupción deste servizo municipal supón unha grave afectación para persoas especialmente vulnerables, que non dispoñen de alternativas de mobilidade.
Miércoles, 11 febrero, 2026
Infórmase de que quedan cortadas ao tráfico as pistas que comunican a DP-0205 coa EDAR de Sisalde ("a pista da depuradora") debido ao risco de caída de árbores como consecuencia do temporal. Na actualidade tense constancia da caída dunha árbore, que será retirada polos servizos municipais coa maior brevidade posible.
Por motivos de seguridade, as pistas permanecerán pechadas mentres duren as condicións meteorolóxicas adversas. Rógase extremar a precaución e respectar a sinalización existente.
Martes, 10 febrero, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 14 de febreiro organízase unha cata de filloas da pedra recheas con produtos do mercado.
Lunes, 9 febrero, 2026
Dende hoxe e ata o vindeiro 18 de febreiro está aberto o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames do ano 2025, a través dunha enquisa que se pode atopar neste aviso. A finalidade desta iniciativa é a participación da veciñanza nun dos premios que se entregarán na XVIII Gala do Deporte. O evento celebrarase o sábado 21 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e nel daranse a coñecer tamén os/as gañadores/as do resto de galardóns.
Lunes, 9 febrero, 2026
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 10 de febreiro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía. O horario de atención será de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Doa sangue, o mellor regalo”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.
- ‹ anterior
- 21 de 179
- siguiente ›




