Miércoles, 28 enero, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 64/71GAL emitido este mércores, 28 de xaneiro, ás 18.53 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso nivel amarelo por vento, que afecta a toda a provincia da Coruña, Lugo (A Mariña e centro), e Pontevedra (interior) ata última hora deste xoves 29 de xaneiro. Este fenómeno pode acadar ata os 80 km/h nas áreas máis próximas á costa e ata 70 km/h nas áreas do interior.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos, se adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, alerten ou mobilicen aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia hai que chamar ao 112.
No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, chame ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.





