Avisos

Por ejemplo, 24-09-2026
Por ejemplo, 24-09-2026
Miércoles, 28 enero, 2026
O Concello de Ames informa sobre o aviso de nivel laranxa emitido este mñercores, 28 de xaneiro, pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por avenidas.
Viernes, 23 enero, 2026
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Entroido Lúdico 2026 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía. Poderanse facer emendas e tramitar baixas ata o día 6 de febreiro.
Viernes, 23 enero, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 23 enero, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 23 enero, 2026
Naturgy informa dunha avaría na liña de media tensión que afecta, entre outras, a zonas das parroquias de Covas e Ames. Esta incidencia débese á meteoroloxía adversa das últimas horas. Segundo a información facilitada pola compañía subministradora, non se prevé que a avaría poida ser solucionada antes das 15.00 horas do día de hoxe. Dende o Concello de Ames manterase informada á veciñanza de calquera novidade ao respecto.
Jueves, 22 enero, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Mocidade, organiza unha nova edición do curso de monitor/a de actividades de tempo libre. Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás consultar a listaxe de persoas admitidas e en lista de agarda. Este ano ofértanse 25 prazas e o curso ten un prezo de 172 euros. No caso de producirse baixas, desde a organización contactarase co alumnado da listaxe de agarda, segundo a orde de chegada establecida.
Jueves, 22 enero, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 45/71GAL emitido o día 22/01/2026 ás 11:42 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por nevadas nivel amarelo que afectará a partir da tarde do día de hoxe ás zonas de Lugo (montaña), con acumulacións de neve de ata 10 centímetros en cotas por riba de 400 metros, e a Ourense (montaña) con acumulacións de ata 10 centímetros por riba dos 800 metros. Este fenómeno, acompañado de ventisca, estenderase a partir das 00:00 do día 23 ás zonas de A Coruña (interior) con acumulacións de 2 centímetros por enriba dos 400 metros, e a Lugo (centro) e Ourense (Miño, e Valdeorras) con acumulacións de ata 4 centímetros por enriba dos 400 metros.
Martes, 20 enero, 2026
Dende este venres, 16 de xaneiro, e ata o venres 30 de xaneiro, estará aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación Primavera Lúdica, que se desenvolverá os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril de 2026. No programa poderán participar familias empadroadas no Concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou de primaria no curso 2025-2026, e que acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral coa familiar. A Primavera Lúdica ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días.
Lunes, 19 enero, 2026
O Concello de Ames súmase á convocatoria da FEGAMP polas vítimas do accidente ferroviario que tivo lugar onte domingo en Adamuz (Córdoba). Por ese motivo, convócase para hoxe luns, 19 de xaneiro de 2026, un minuto de silencio, ás 12.00 horas, diante da Casa do Concello en Bertamiráns e das Oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro.
Viernes, 16 enero, 2026
O Concello de Ames informa da denuncia dun veciño de Bertamiráns polo mal funcionamento dun caixeiro automático que se atopa entre os números 34 e 36 da avenida da Maía, en Bertamiráns.