Solapas principales

Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por vento, choiva e tormentas

Jueves, 5 febrero, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso nivel amarelo por vento, choiva e tormentas que afecta durante este xoves, 5 de febreiro, ao interior da provincia da Coruña. Este fenómeno pode acadar ata os 80 km/h nas áreas máis próximas á costa e ata 70 km/h nas áreas do interior. Ademais, as precipitacións acumuladas en 12 horas poden superar os 40 mm. Este fenómeno poderá ir acompañado de saraiba ou de algunha manga mariña ou pequeno tornado moi local.

Debido a dita alerta de nivel amarelo por vento, choiva e tormentas, dende o Concello de Ames, infórmase que durante a xornada deste xoves, 5 de febreiro, queda pechado o paseo fluvial de Bertamiráns, a praia fluvial de Tapia e maila ponte de Piñeiro

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos, se adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, alerten ou mobilicen aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia hai que chamar ao 112.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, chame ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.