Avisos
Martes, 3 marzo, 2026
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (aula AMTIC), oferta durante este mes de marzo un curso de uso básico de internet, para adultos, e un de programación con placa Micro:bit, para nenos e nenas. Os cursos son gratuítos e as inscricións deberán facerse en informatica.milladoiro@gmail.com mediante o formulario que está ao pé deste aviso ou ben no 698 172 347.
Viernes, 27 febrero, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 27 febrero, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 27 febrero, 2026
O Concello de Ames, en colaboración co club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay (Transgalaica) acolle este domingo 1 de marzo unha nova edición da carreira ciclista Transgalaica, un dos circuítos de BTT máis importante do noroeste español e unha das citas con maior repercusión no mundo do ciclismo. Nesta décima entrega que se organiza en Ames hai inscritos 345 ciclistas (334 na Transgalaica e 11 na Transgalaica do futuro correspondente á categoría júnior). A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:30 horas, onde comezará un circuíto de 32 quilómetros que haberá que percorrer dúas veces, facendo así en total unha proba de 64 quilómetros.
Miércoles, 25 febrero, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 28 de febreiro, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.
Lunes, 23 febrero, 2026
O Concello de Ames informa de que con motivo da proba deportiva BTT TRANSGALAICA Concello de Ames (ciclismo), que se vai celebrar o domingo, 1 de marzo de 2026, a partir das 9:30 horas, con saída e chegada nos arredores do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Viernes, 20 febrero, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 20 febrero, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 19 febrero, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa lista definitiva de admitidos/as e excluídos no proceso selectivo dun/dunha peón/peoa xardineiro/a como persoal laboral fixo. Tamén se informa sobre a data de constitución do tribunal e d baremación de méritos. Esta praza forma parte da Oferta de Emprego Público (OEP) de 2022 do Concello de Ames.
Miércoles, 18 febrero, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 20 de 179
- siguiente ›




