Solapas principales

O mercado de horta e artesanía acolle este sábado, 14 de febreiro, unha cata de filloas da pedra recheas

Martes, 10 febrero, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 14 de febreiro organízase unha cata de filloas da pedra recheas con produtos do mercado.

A carpa de actividades do mercado acollerá este sábado, 14 de febreiro, en horario de 11.30 a 12.30 horas, unha cata de filloas da pedra recheas, aproveitando que estamos na semana do Entroido.

O mercado de horta e artesanía de Ames celébrase todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.

Multimedia