Actualidad

Por ejemplo, 24-07-2026
Por ejemplo, 24-07-2026
Viernes, 26 de diciembre de 2025
Os personaxes Disney chegan a Bertamiráns e O Milladoiro o 29 e 30 de decembro

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026. 

Sábado, 20 de diciembre de 2025
Aberto o Mercado de Nadal de Ames con 18 postos de produtos de artesanía e alimentación

A programación de Nadal en Ames este ano conta coa novidade da celebración dun Mercado de Nadal na praza da Maía durante esta fin de semana. En total hai 18 postos; 13 de artesanía e 5 postos de alimentación e produtos da horta. O horario de atención ao público do Mercado de Nadal este sábado e domingo é de 10.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.30 horas. Este sábado, ás 13.00 horas, celebrouse o acto de apertura de dito mercado. Trátase de incrementar a oferta comercial do concello con produtos de artesanía e de alimentación frescos e de proximidade.

Sábado, 20 de diciembre de 2025
O Milladoiro e Bertamiráns acollerán a visita de Papá Noel

A programación de Nadal 2025 do Concello de Ames continúa a vindeira semana coa chegada de Papá Noel, que estará no Milladoiro este luns, 22 de decembro, e en Bertamiráns o martes, día 23. As visitas realizaranse de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas, en ambas localidades, e os nenos e nenas que se acheguen a coñecer a Papá Noel poderán sacar unha foto con el e levarán para a casa un agasallo.

Viernes, 19 de diciembre de 2025
A Forxa da luz, Fin de xornada e Xagal, as tres fotografías premiadas no XI Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este pasado xoves, 18 de decembro, o acto de entrega de premios da XI edición do Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro. Un acto que estivo presentado polo cantautor e monologuista Manolo Boquete e no que se proxectaron todas as imaxes presentadas ao concurso. As fotografías gañadoras foron A Forxa da luz, Fin de xornada e Xagal. En representación do Goberno municipal asistiron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto.

Jueves, 18 de diciembre de 2025
Ames presenta a Gran Festa de Reis 2026

O Concello de Ames presentou está mañá a Gran Festa de Reis, que se celebrará os días 3, 4, e 5 de xaneiro de 2026. Os núcleos urbanos de Bertamiráns e O Milladoiro terán recepción real para os nenos e nenas, cabalgata e posterior Gran Festa de Reis con chocolate e rosca nos pavillóns municipais. As parroquias tamén poderán desfrutar dos Reis Magos o día 5 de xaneiro pola mañá. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a concelleira de Educación e Mocidade, Beatriz Martínez; a concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García; o director do centro ocupacional da Asociación Fonte da Virxe, Lois Pose Santos; e Francisco Hermo e Manuel Fraga, usuarios de dito centro. 

Jueves, 18 de diciembre de 2025
Abre o prazo para descargar e comezar a usar os Bonos Consuma 2025

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, desenvolve un ano máis a campaña dos Bonos Consuma, unha iniciativa para fomentar o consumo no comercio local. O prazo para descargar os bonos estará aberto desde mañá, venres 19 de decembro. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono con importe de 50 euros que poderá usar nos 109 establecementos adheridos á campaña deste ano. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da páxina web dos bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026, ou ata que se esgote o orzamento do programa. Este ano o orzamento da campaña é de 60.000 euros. No caso de que se esgote o orzamento do programa, os vales descargados deixarán de ter saldo, polo que non se poderán empregar. Pódese consultar as empresas adheridas á campaña na seguinte ligazón.

Jueves, 11 de diciembre de 2025
Últimos días para que os establecementos comerciais se adhiran á campaña de tarxetas desconto “Bonos Consuma 2025”

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, retoma o programa de incentivos a través de tarxetas bono, co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. A edición deste ano de “Bonos Consuma” busca impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal. Os establecementos comerciais e hostaleiros que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal ata o 15 de decembro. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026. Na actualidade hai un total de 94 establecementos comerciais adheridos a dita campaña.

Jueves, 04 de diciembre de 2025
Volven os concursos de decoración de Nadal con 6.000 euros en premios

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Xestión do Medio Natural, vén de presentar unha nova edición dos seus tradicionais concursos de decoración de Nadal destinados á veciñanza e aos comerciantes locais. Estas iniciativas, consolidadas xa como un dos clásicos do Nadal amesán, busca a colaboración de toda a veciñanza na decoración do concello durante estas festas. Deste xeito, comercios e particulares decorarán establecementos, vivendas, xardíns, fiestras ou balcóns coa temática de Nadal. En total repartiranse 6.000 euros en premios: 4.000 destinados ao concurso de escaparates e 2.000 ao de decoración veciñal. O prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 12 de decembro. Ao pé desta nova podes consultar as bases dos concursos e descargar os impresos de solicitude editables.

Martes, 25 de noviembre de 2025
Últimos días para participar no XI Certame de Fotografía Comercial impulsado pola Asociación de Empresarios do Parque Empresarial Novo Milladoiro

O próximo domingo día 30 de novembro ás 23.59 horas pechará o prazo para presentar as fotografías do XI Certame de Fotografía Comercial, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Empresarios do Parque Empresarial Novo Milladoiro e que conta coa colaboración do Concello de Ames. O obxectivo é achegar á cidadanía a actividade empresarial deste enclave e poñer en valor o traballo e dedicación que cada día ali se desempeña. As imaxes deberán enviarse por correo electrónico a foto@aenovomilladoiro.com, indicando no asunto “Certame fotográfico: título da fotografía”.

Sábado, 22 de noviembre de 2025
Segue aberto o proceso de selección de participantes para a nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2025 – 2026

Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Ata o 14 de decembro continúa aberto o prazo para solicitar praza na nova edición do programa integrado de emprego. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, administración e xestión, novas tecnoloxías, ocio e tempo libre, e turismo. Na edición 2024-2025, que rematou o pasado 30 de setembro, o 48% dos participantes tiveron un contrato de traballo nalgún momento do programa. As persoas que cumpran os requisitos indicados e estean interesadas poden cubrir o formulario cos seus datos premendo nesta ligazón.