Solapas principales

A Forxa da luz, Fin de xornada e Xagal, as tres fotografías premiadas no XI Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro

Viernes, 19 de diciembre de 2025

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este pasado xoves, 18 de decembro, o acto de entrega de premios da XI edición do Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro. Un acto que estivo presentado polo cantautor e monologuista Manolo Boquete e no que se proxectaron todas as imaxes presentadas ao concurso. As fotografías gañadoras foron A Forxa da luz, Fin de xornada e Xagal. En representación do Goberno municipal asistiron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto.

O acto de entrega de premios do XI Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios do parque empresarial Novo Milladoiro quixo recoñecer o traballo de todas as persoas participantes coa proxección das imaxes presentadas ao concurso e poñer en valor a mellora técnica dos concursantes ano tras ano. Sempre a sabendas da dificultade de facer as fotografías nunha zona de traballo.

Durante toda a gala contouse coa presenza de Manolo Boquete. O cantautor e monologuista presentou a gala e ofreceu aos asistentes a estrea de varios temas musicais da súa composición e os seus “Manólogos” previo á entrega de premios por parte do xurado, o cal estivo formado por Xoán Soler, fotoxornalista da La Voz de Galicia e gañador de numerosos premios como o “Galicia En Foco” ou “A Imaxe de Galicia”;  Alberto Uzal, responsable de Estudios Fílmate; o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio e técnico con ampla experiencia en produción audiovisual, Javier Antelo; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; e o presidente da Asociación do Parque Empresarial Novo Milladoiro e xerente de Técnicas Construtivas de Ocio Galicia, formado en fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo, Javier Santos Blanco.

As fotografías premiadas 
O primeiro premio do certame, dotado de 500€, foi para Samuel Pájaro Otero, co seu traballo A Forxa da luz. Unha fotografía na que se aprecia un soldador en pleno traballo e que aproveita de maneira maxistral a luz propia da escena xerada polas iscas das ferramentas e que logra un contraste harmonioso nun entorno escuro.

En segunda posición, cun premio de 400€, atópase Aarón Sánchez coa súa fotografía Fin de xornada. A imaxe componse dun primeiro plano forte dun cartel do parque empresarial do Milladoiro que recibe de pleno a luz solar do solpor. Un traballo no que destaca o carácter narrativo e atmosférico. 

Completando o podio, cun premio de 300€, a fotografía Xagal, de Isaac Mayo Figueroa, instantánea ao vehículo da empresa de xanelas e cerramentos coa cerraxería máis robusta do mercado: Kommerling, na que o fotográfo aproveita a luz natural co ceo cuberto, de forma que as nubes actúan como difusor suavizando sombras duras. O ambiente escuro resalta as cores corporativas, azul e branco do vehículo.   

A exposición de todas as fotografías presentadas ao concurso poderá ser visitada de maneira presencial ata o sábado 31 de xaneiro no segundo andar da Casa do Cultura do Milladoiro ou virtualmente no Facebook da asociación de xeito indefinido

No seu discurso, o presidente da Asociación do Parque Empresarial Novo Milladoiro quixo destacar o compromiso de todas as empresas asociadas coa vida social e agradeceu ao alcalde do Concello de Ames, así como os demais representantes da Corporación presentes, a colaboración neste evento, que atrae fotógrafos de toda Galicia, superando unha vez máis a calidade das obras presentadas a concurso.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Estes son os gañadores do certame fotográfico de Ames"

El Correo Gallego: "Entrega de premios do XI Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios do Parrque Empresarial Novo Milladoiro"

La Voz de Galicia: "Retratar Novo Milladoiro"

Ames Go: "A Forxa da luz, Fin de xornada e Xagal, as tres fotografías premiadas no XI Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro"

A Forxa da luz, Fin de xornada e Xagal, as tres fotografías premiadas no XI Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro

Multimedia

  • A Forxa da luz, Fin de xornada e Xagal, as tres fotografías premiadas no XI Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro