Solapas principales

Aberto o Mercado de Nadal de Ames con 18 postos de produtos de artesanía e alimentación

Sábado, 20 de diciembre de 2025

A programación de Nadal en Ames este ano conta coa novidade da celebración dun Mercado de Nadal na praza da Maía durante esta fin de semana. En total hai 18 postos; 13 de artesanía e 5 postos de alimentación e produtos da horta. O horario de atención ao público do Mercado de Nadal este sábado e domingo é de 10.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.30 horas. Este sábado, ás 13.00 horas, celebrouse o acto de apertura de dito mercado. Trátase de incrementar a oferta comercial do concello con produtos de artesanía e de alimentación frescos e de proximidade.

A praza da Maía, en Bertamiráns, acolleu esta mañá o acto de inauguración do novo Mercado de Nadal de Ames. En dito acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e varios concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos grupos políticos municipais do Partido Popular e do BNG.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “para nós é unha satisfacción poder contar con este Mercado de Nadal porque é unha iniciativa na que levábamos uns anos traballando para poder facelo, e este ano conseguímolo. Sen dúbida que tamén é gracias á celebración do Mercado de horta e artesanía de todos os sábado, xa que isto axuda a que os artesáns, comerciantes e produtores locais se interesen neste tipo de mercados. Nós seguiremos incentivando este tipo de iniciativas”.  

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, comezou agradecendo aos postos que “están hoxe aquí, tanto de horta como de artesanía, pola súa participación nesta primeira edición do Mercado de Nadal de Ames. Espero que moita xente se interese polos vosos produtos e que teñades moitas ventas hoxe e ao longo do vindeiro ano”.  Ademais, dixo que “a través desta iniciativa búscase crear un ambiente festivo nas rúas aproveitando as festas de Nadal e que este mercado serva para que os veciños e veciñas poidan realizar as súas compras”. 

Visita aos postos do mercado
Trala inauguración do mercado, realizouse unha visita polos diferentes postos. O mercado está instalado dentro dunha carpa e conta cun total de 18 postos distribuídos por toda a superficie. Os postos destinados á artesanía están situados nos laterais do mercado, mentres que os postos de alimentación e produtos da horta están localizados na parte central do mercado.  O horario de atención ao público do Mercado de Nadal este sábado e domingo é de 10.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.30 horas.

18 postos de alimentación e artesanía
Os postos de alimentación están ocupados por Da Horta á túa Porta (venda de hortalizas); Casa Curtis (chourizos, queixos, etc); Dolci e Bambini (venda de produtos de pastelería e sobremesas de Nadal); Aceites Galego Embruxo (aceite galego); e Ecogalletas.

Por outra banda, no mercado participan varias empresas do sector da artesanía como son Con un pouco de papel (adornos de Nadal en madeira e metacrilato); Las telas de Julia (produtos téxtiles, bolsas, bolsos, etc); Asociación Anaisa (produtos de cosmética, velas e incensos naturais); Livengi (velas aromáticas e artísticas, flores de cintas e manualidades con materiais de reciclaxe); Dilhky-Crafts (artesanía de dioramas, booknook e produtos de fantasía); Belelula (artesanía en madeira, vidro e téxtil).

Ademais, dentro dos postos de artesanía participan Las Telitas de Teresa (bixutería, monecas de nadal, monecas cápsula); Encadernación artesanal da Asociación Fonte da Virxe (centros de Nadal, velas do Nadal, pulseiras, chaveiros e cestos); Flow de Meiga (candeas de Nadal de cera de abella e soia, aromaterapia, incensos naturais, desodorantes naturais, sacos térmicos…); Indiartaborigen (artesanía de autor en xoias de coiro con deseños de corte a bixutería e trenzados integrados); Noites de Datura (orfrebería elaborada con prata e pedras naturais); Bonecotolo (amigurumi e téxtil); e Leidy Silva Art (arte e manualidades).

Novas relacionadas

Lindeiros: "Abre o Mercado de Nadal de Ames"

Diario de Santiago: "Aberto o Mercado de Nadal de Ames con 18 postos de produtos de artesanía e alimentación"

La Voz de Galicia: "De regalos navideños a delicias para el paladar en el Mercado da Estrela en Santiago"

Aberto o Mercado de Nadal de Ames con 18 postos de produtos de artesanía e alimentación

Multimedia

  • Aberto o Mercado de Nadal de Ames con 18 postos de produtos de artesanía e alimentación