Solapas principales

Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”

Lunes, 06 de julio de 2026

O Concello de Ames participará un ano máis no encontro “Innpulso Emprende 2026”, organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Ames forma parte desta rede dende o ano 2018. O evento celebrarase os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. O proxecto que representará ao noso municipio nesta edición será presentado por persoal da empresa tecnolóxica situada no Milladoiro, Binarial. Esta entidade traballa no desenvolvemento de robótica aplicada á industria.

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e a técnica municipal de innovación, Patricia Yáñez, visitaron este luns, 6 de xullo, a empresa Binarial, que será a entidade que vai a participar xunto ao Concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”, que se vai a celebrar os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. Dito evento está organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU).

A empresa Binarial está situada na rúa Agro da Vella, número 7, no Milladoiro. Alí foron recibidos por Rodrigo Randulfe, CEO e cofundador de Binarial; Alejandro Valiñas, director de tecnoloxía e cofundador; e José Manuel González, director de negocio. Segundo explicou José Manuel González “dedicámonos a Physical AI (robótica intelixente) e facemos operadores bimanuais, integramos o hardware e desenvolvemos toda a parte de software. Este ano imos a participar no evento da Red Innpulso, no mes de setembro en Terrassa, algo que faremos con moita ilusión”. Tamén agradeceu a visita institucional do alcalde e da concelleira de Promoción Económica.

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “Binarial é unha desas empresas que podemos definir como unha auténtica marca Ames: unha empresa nova, con talento e xa referente no eido da innovación. Estamos encantados de que forme parte deste polo de innovación que está a medrar no Milladoiro e de que vaia representar a Ames no Encontro 2026 da Rede Innpulso. Estamos convencidos de que esta será a primeira de moitas colaboracións e de que, nun futuro próximo, poderemos desenvolver proxectos conxuntos que sigan impulsando a innovación e o talento no noso concello”.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “Ames conta cun enorme potencial de empresas tecnolóxicas. O traballo que realiza Binarial é un exemplo máis. Para nós é unha satisfacción que esta empresa poida representar ao noso municipio no Innpulso Emprende 2026. Este evento supón un escaparate inmellorable para mostrar o talento innovador local a outros municipios e representantes de grandes empresa”.

Binarial, empresa tecnolóxica de intelixencia industrial
Trátase dunha entidade innovadora de base tecnolóxica 100% galega. O seu equipo está formado por profesionais de perfís técnicos e enxeñeiros con ampla experiencia industrial. Esta entidade traballa no desenvolvemento de robótica aplicada á industria. Este é o traballo que desenvolve desde 2022 Binarial, unha empresa creada en Padrón que pouco despois trasladouse ao concello de Ames, desde onde un equipo formado por enxeñeiros e matemáticos desenvolve plataformas tecnolóxicas escalables para optimizar operacións industriais de alta complexidade e loxística automatizada.

A vida de Binarial é curta pero intensa. Esta empresa desenvolveu varias solucións a retos da industria, coa que colabora a longo prazo para mellorar resultados. Máis aló disto, acaba de resultar adxudicataria na última convocatoria do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), avalada pola Armada Española, para desenvolver tecnoloxía dual xunto a Navantia e SATEC.  

Deste xeito, actualmente dita empresa deseña para a Armada Española un sistema de guiado de barcos autónomos por referencias clave para cando se quedan sen sinal GPS. Ao mesmo tempo, traballa para crear un novo ecosistema de humanoides bípedos propios, “robots con características humanas que realizan diferentes tarefas”.

Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”

Multimedia

  • Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”
  • Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”
  • Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”
  • Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”
  • Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”