Pestanas principais

Escola Municipal de Música

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesía do Porto s/n. 15895. O Milladoiro
    • Teléfono: 981 535 940
    • Responsable técnico:  Almudena Caamaño Rodríguez, animadora sociocultural
    • Responsable Municipal:  Concellaría de Cultura
    • Enderezo (onde se imparten as clases da Escola Municipal de Música de Ames)
      • Edificio Multiusos de Aldeanova Rúa Costaneira 15220 – Ortoño- Ames
    • Destinatarios/as: Persoas empadroadas en Ames de 4 anos en diante
    • Horario de atención ao público:
      • Escola de Música: 9:30 a 13:30 horas
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Fomentar desde a infancia o coñecemento e apreciación da música, iniciando aos nenos e nenas desde os 4 anos de idade, na súa aprendizaxe, procurando que a Escola funcione como un centro educativo-cultural no que se realicen actividades relacionadas co mundo musical e outras disciplinas non comprendidas directamente na docencia: concertos, audicións, conferencias, presentacións de discos, libros, etc.
    • Desenvolver unha ensinanza instrumental orientada tanto á práctica individual como á práctica de conxunto.
    • Proporcionar unha ensinanza musical complementaria á práctica instrumental.
    • Fomentar nos alumnos/as o interese pola participación en agrupacións vocais e instrumentais.
    • Organizar actuacións públicas e participar en actividades musicais de carácter afeccionado.
    •  Desenvolver unha oferta diversificada de educación musical, sen límite de idade. A difusión xeral da música e da danza en todas as súas formas e estilos co fin de crear en Ames  un clima artístico participativo e dinámico no cal se desenvolva e fomente a creatividade
    • Orientar e proporcionar unha formación máis profunda a aqueles alumnos que pola súa capacidade e interese teñan condicións e vontade de acceder ao centro de ensinanzas musicais e de danza regradas.
  • Disciplinas:
    • Música e movemento
      Este ámbito formativo está dirixido exclusivamente ao alumnado de idades comprendidas entre os 4 e os 6 anos (cumpridos no ano natural do inicio do curso escolar), co fin de atender, con tratamento pedagóxico específico, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades  expresivas, musicais e motrices, que permitan posteriormente a elección de un instrumento e unha práctica gozosa e convincente de ambas actividades artísticas.
      A duración das clases será de unha hora dous días á semana con un máximo de 12 alumnos/as por grupo. O número mínimo de alumnado será de 4. Os alumnos/as agruparanse en función do ano de nacemento.
    • Práctica Instrumental /vocal
      De acordo cos obxectivos xerais da EMMA, o ensino dun instrumento deberá motivar e desenvolver a afección pola música como fenómeno artístico e medio de comunicación persoal así como ocuparse dos procesos que permitan o estímulo e desenvolvemento conxunto das destrezas técnicas e das capacidades expresivas necesarias para o cultivo da práctica interpretativa individual e en grupo.
      Dirixido a maiores de 7 anos (cumpridos no ano do inicio do curso escolar) sen límite de idade, impártense clases individuais de media hora á semana (30 minutos). Os instrumentos aos que poden optar son: piano, violín/viola, frauta traveseira, saxofón, percusión/batería e guitarra. Tamén impartiranse clases de canto moderno e realizaranse as combinacións de agrupacións musicais, compatibles coa práctica instrumental individualizada. As clases para agrupación organizaranse anualmente en función da dispoñibilidade horaria do profesorado, tendo unha duración estimada de 45 minutos.
      Nestas agrupacións poderán participar aqueles alumnos/as matriculados na escola, previa consulta co profesor/a correspondente, ou mediante proba de acceso.
      O desenvolvemento de todos os instrumentos dependerá do número de usuarios/as matriculados anualmente, establecido pola Concellaría de Cultura en función das necesidades de espazo, capacidade e sustentabilidade económica do servizo. Só se poderá escoller un instrumento por curso.
    • Formación musical complementaria á práctica instrumental
      Este ámbito ofrecerá aos alumnos maiores de 7 anos (cumpridos no ano do inicio do curso escolar) un ensino que permita profundizar no coñecemento da linguaxe e teoría musical así como no desenvolvemento da educación auditiva, ofrecendo unha aprendizaxe de solfexo necesario para o estudo do instrumento, desenvolvemento das capacidades vocais, rítmicas, auditivas e expresivas.
      Esta materia de Linguaxe musical, impártese en dúas franxas de idade distintas: por un lado Linguaxe Musical para nenos/as dende os 7 anos ata a adolescencia e, por outro lado, Linguaxe Musical para adultos.
      As sesións serán dunha hora semanal, con grupos de 12 alumnos/as como máximo e  4 alumnos/as como mínimo, dependendo das idades.

Novas do departamento

Como parte da programación do mes das letras, o venres 20 de maio a Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, organiza un encontro coas escolas de música de Negreira e Brión na praza de Chavián, en Bertamiráns, a partir das 19:30 horas. Trátase do primeiro dos dous encontros musicais que se celebran en maio, xa que o sábado 21 terá lugar tamén en Bertamiráns, na Casa da Cultura, un concerto–encontro das agrupacións de música e baile tradicional de Ames.

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. Os talleres, pensados para grupos de ata quince participantes, inclúen propostas de beatbox, canto, música afrocubana e música tradicional. Cun custe de 10 euros, desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas. Para participar, cómpre enviar esta ficha de inscrición a escolademusica@concellodeames.gal, dende hoxe martes 22 ata o xoves 31 de marzo.

Co gallo da celebración das Letras Galegas, o vindeiro luns 17 de maio, os/as alumnos/as de música e movemento da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), xunto coa súa profesora, María del Carmen Giadáns, e varios colaboradores; gravaron un vídeo que xa se pode ver na canle de YouTube do Concello.

A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Cultura, abre entre o 29 de maio e o 10 de xuño o prazo de preinscrición para as novas prazas do curso 2019-2020. Este período de preinscrición está dirixido ás persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA. No caso de que haxa máis persoas inscritas que prazas ofertadas realizarase un sorteo público o mércores, 12 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como o impreso de preinscrición.

A EMMA ofrece ata trece prazas nas disciplinas de música e movemento, batería e percusión, violín e viola, canto moderno e frauta traveseira, ás que as novas alumnas e alumnos se incorporarán na semana do 10 de xaneiro. As inscricións para estas vacantes están abertas dende este xoves 2 de decembro, ata cubrir prazas. É requisito indispensable estar empadroado no concello de Ames e presentar o formulario de inscrición, a través da sede electrónica do concello ou presencialmente nos rexistros municipais, para os que se pode pedir cita previa.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vai realizar o seu tradicional festival de Entroido, que terá lugar o próximo venres 25 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O concerto incluirá dous pases, ás 19:00 e ás 20:30 horas, nas que haberá distintas actuacións individuais e grupais. Os convites poden retirarse dende este hoxe na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Este venres, 19 de xuño, remata o curso 2019-2020 na Escola Municipal de Música de Ames. Para conmemoralo, está programado un concerto online na canle de Youtube do Concello de Ames. Será a partir das 19.00 horas, e contará coas actuacións dos diferentes grupos que conforman a Escola. Os vídeos das actuacións iranse subindo de maneira progresiva ata as 19.45 horas.

A Escola Municipal de Música de Ames tamén se adapta a esta situación extraordinaria que estamos a vivir. Tanto persoal docente como as súas alumnas e alumnos, co apoio das súas familias, están facendo todo o posible para proseguir coa formación de maneira telemática. 

A Escola Municipal de Música de Ames non parou durante este estado de alarma, adoptando a súa formación a esta situación extraordinaria. Tanto o persoal docente como as alumnas e alumnos, co apoio das súas familias, fixeron todo o posible para proseguir coa formación de maneira telemática. Agora, nos mostran todo o que traballaron a través dunha serie de vídeos que xa están dispoñibles na canle de Youtube do Concello de Ames.

A Escola Municipal de Música de Ames vén de organizar nos últimos dous meses catro talleres musicais de carácter introdutivo, nos que a veciñanza amesá a partir dos 8 anos puido gozar dunha oferta variada de xéneros e disciplinas. Despois de celebrar obradoiros de beatbox, música tradicional e canto moderno, o ciclo remata este sábado 21 de maio cunha introdución á música afrocubana, na que aprender os instrumentos e os ritmos do son, o mambo ou o chachachá. Aínda quedan prazas para o taller, que terá lugar de 11:00 a 13:00 horas cun custe de 10 euros. Para participar, cómpre enviar esta ficha de inscrición a escolademusica@concellodeames.gal.

Eventos del departamento

Como parte da programación do mes das letras, o venres 20 de maio a Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, organiza un encontro coas escolas de música de Negreira e Brión na praza de Chavián, en Bertamiráns, a partir das 19:30 horas.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vai realizar o seu tradicional festival de Entroido, que terá lugar o próximo venres 25 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O concerto incluirá dous pases, ás 19:00 e ás 20:30 horas, nas que haberá distintas actuacións individuais e grupais. Os convites poden retirarse dende este venres 18 de febreiro na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. O primeiro obradoiro deste ciclo será o de beatbox, que se desenvolverá o sábado 9 de abril, dirixido polo cantante e beatboxer Narci Rodríguez. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Cun custe de 10 euros, os talleres desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas.

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. Na primeira quincena de maio, o sábado 7, celebrarase o taller de canto moderno, impartido pola cantante profesional, vocal coach e directora da EMMA, Pilar Martínez. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Cun custe de 10 euros, os talleres desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas.

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. O sábado 21 de maio será a quenda da música afrocubana, cunha introdución aos ritmos desta cultura da man de Amaury Quintero, coach, percusionista profesional e docente na EMMA. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Cun custe de 10 euros, os talleres desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas.

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. O segundo curso do mes terá lugar o sábado 23 abril, nesta ocasión afondando na música tradicional galega e na percusión miúda con Ramón Dopico. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Cun custe de 10 euros, os talleres desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas.