Pestanas principais

Preinscrición para as novas prazas da Escola Municipal de Música de Ames

Presencial
Online
Sede Electrónica
mércores, 29 Maio, 2019 a venres, 21 Xuño, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

Tramitar a preinscrición para as novas prazas da Escola Municipal de Música de Ames.

QUEN PODE FACELO:

Está dirixido ás persoas que desexen comezar estudos na Escola Municipal de Música de Ames.

COMO SE FAI:

A documentación para realizar a preinscrición pode recollerse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas, ou no Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Despois do sorteo, abrirase un prazo de matrícula ata o 21 de xuño para que os alumnos/as que obtiveron praza a confirmen. Terán que efectuar o pagamento do importe da matrícula. Para iso recibirán por correo electrónico (ou poderán pasar pola oficina de recadación do Concello de Ames ou pola oficina da Escola de Música, situada na Casa da Cultura do Milladoiro) a folla de autoliquidación da taxa de matrícula, coa que terán que achegarse a algunha das entidades bancarias correspondentes para facer o ingreso. Unha vez pagada, deberán entregar no rexistro o resgardo de pago da autoliquidación da matrícula.

CANDO:

Do 29 de maio ao 10 de xuño e e outras datas no caso de que haxa prazas libres.

ONDE:

  • Sede electrónica: As solicitudes tamén se poden presentar a través do rexistro electrónico.
  • Presencialmente: Os impresos deberán entregarse debidamente cubertos no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro; no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina; no rexistro xeral da Casa do Concello, estes dous últimos situados en Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

DOCUMENTACIÓN:

  • Impreso 1: Datos do alumno/a, instrumento e autorización paterna/materna se é menor.
  • Impreso 2: Marcando aos recadros correspondentes (prezos de matrícula, mensualidades, bonificacións con xustificante).
  • Impreso 3: Domiciliación bancaria para o pagamento das cotas mensuais.
  • Impreso 4: Autorización de imaxe.

RESPONSABLE:

Escola Muncipal de Música de Ames

NORMATIVA APLICABLE: