Actualidade

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra desde o luns, 8 de xuño, cinco xornadas de audicións previas ao seu concerto de fin de curso, que terá lugar o 17 de xuño, na pista de fútbol sala do Milladoiro, que se atopa ao carón das piscinas descubertas e da Casa da Cultura. Os estudantes de batería/percusión, guitarra, canto e frauta, saxofón, e de piano, mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades. As audicións desenvolveranse sempre en horario de tarde, na aula 10 da propia EMMA.

Desde este martes, 26 de maio, e ata o luns 8 de xuño, estará aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2026-2027. A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais ou por calquera dos outros medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Para entregar a documentación de xeito presencial nos rexistros municipais non é preciso solicitar cita previa. Premendo nesta ligazón pódese descargar o formulario de solicitude de praza. Está previsto que as clases comecen o 14 de setembro.

A partir do vindeiro luns, 4 de maio, estará aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2026-2027. A solicitude poderase realizar ata o luns 11 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de solicitude de renovación de praza.

O alumnado de violín da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra o vindeiro martes, 24 de marzo, ás 19.30 horas as súas audicións na aula 10 da escola. Os estudantes deste instrumento mostrarán o aprendido nestes dous trimestres do curso académico a familiares e amizades, co obxectivo de favorecer a confianza, a escoita activa e o respecto polo traballo propio e alleo dos alumnos e alumnas.

Como xa vén sendo habitual, a Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, organiza neste período de Entroido dúas actuacións. O primeiro concerto será Música entre disfraces, o vindeiro mércores 11 de febreiro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O segundo, Entroido Musical, celebrarase o venres 13, ás 19.30 horas, no mesmo emprazamento. Para poder acudir, é necesario retirar un convite na Billeteira Electrónica do Concello de Ames.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra durante o vindeiro mes de febreiro catro audicións na aula 10 da escola. Os estudantes de guitarra, batería/percusión, saxofón, canto e frauta mostrarán o aprendido nesta primeira metade de curso a familiares e amizades. As audicións desenvolveranse sempre en horario de tarde os días 4, 9, 10 e 12 de febreiro.

A Escola Municipal de Música de Ames abre un prazo extraordinario de inscrición para que as persoas que estean interesadas poidan inscribirse nas prazas que quedaron libres para o curso 2025-2026. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais. Ao tratarse dun prazo extraordinario, as prazas asignaranse por orde de rexistro de entrada.

A Escola Municipal de Música de Ames abre un prazo extraordinario de inscrición para que as persoas que estean interesadas poidan inscribirse nas prazas que quedaron libres para o curso 2025-2026. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais.

Desde o luns 1 de setembro, e ata o vindeiro día 9, estará aberto o prazo de inscrición extraordinario da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao curso 2025-2026. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais.

A Escola Municipal de Música de Ames celebrou este pasado mércores, 18 de xuño, o seu concerto de fin de curso, unha cita na que se deron cita os máis de 100 alumnos e alumnas matriculados na escola neste curso 2024/2025.
- 1 de 8
- seguinte ›




