- Enderezo: Praza da Madalena, 16. O Milladoiro. 15895. Ames
- Teléfono: 981 538 433 / 679 939 979
- Escola:
- Directora:
- Responsable municipal: Concellaría de Educación
- Reposable técnico: Mª Sandra Dios Suárez, Directora Pedagóxica
- Horario de atención ao público:
- Dirección Pedagóxica : De luns a venres de 9:00 a 14:00 h
- Administración: Luns e mércores de 9:00 a 14:00 h
- Estrutura do servizo
- Funcións
- Estimular o desenvolvemento de todas as capacidades humanas (físicas, afectivas, intelectuais e sociais) do neno/a, nos seus primeiros anos de vida sen esquecer a parte asistencial establecida para este tramo de idade.
- Desenvolver
- O movemento e o control corporal
- As primeiras manifestacións de comunicación e linguaxe
- As primeiras pautas elementais de convivencia e relación social
- Descubrimento do contorno inmediato
- Colaborar coas familias compartindo e completando a función educativa.
- Servizos complementarios.
- A Escola Infantil Municipal A Madalena prestará servizo de:
- Almorzo: ata as 9.00 (deberán traelo da casa).Xantar: grupo de bebés, a demanda entre ás 12:00h e as 14:00h
- grupo de 1-2 ás 12:00h
- grupo de 2-3 ás 12:30h
- Merenda: grupo de bebés, a demanda entre ás 16:00h e as 18:00h
- grupo 1-2 ás 16:00h
- grupo 2-3 ás 16:30h
- Sesta. Só durmirán na escola aqueles nenos/as que utilicen o servizo de comedor.
- Actividades e servizos extraescolares.
- A Escola Infantil Municipal A Madalena réxese para a súa labor educativa a través de:
- Proxecto educativo do centro.
- Programación anual.
Todas elas son aprobadas pola comisión educativa e o Consello de Centro, e ademais están a disposición dos pais/nais/representantes legais no taboleiro da Escola así como na páxina web municipal.
Algunha das actividades realizadas na Escola son as seguintes:
- Saídas didácticas.
- Festivais: Nadal, Entroido, fin de curso.
- Celebracións: Día da Paz, Día do Medio Ambiente, Día do Libro, etc.
- Promoción do uso da lingua galega.
A lingua de uso habitual do centro é o galego. Isto non quita que se atenda de xeito individualizado a aqueles/as nenos/as, pais/nais/representantes que non teñan coñecemento abondo do galego.
A escola Infantil Municipal A Madalena ten feito un Plan xeral de normalización lingüística que está a disposición dos/as usuarios/as no centro - Promoción da igualdade entre os/as nenos/as.
A Escola Infantil Municipal A Madalena, deberá promover a igualdade como valor fundamental de convivencia entre os/as nenos/as. Será o cerne de todas as actividades que se desenvolvan no centro, e reflectirase non só nas actividades e material de traballo senón tamén no comportamento habitual dos/as mestres/as e educadores/as.
Todas as actividades reflectiranse no proxecto educativo de centro e tamén nos deseños curriculares.
A dirección da Escola prestará atención especial ao fomento e respecto da interculturalidade, como instrumento de superación das desigualdades, prexuízos e racismo. - Promoción da integración. A Escola Infantil Municipal A Madalena promoverá a integración de nenos/as con necesidades educativas especiais, fomentando deste xeito, a igualdade e o respecto como valores esenciais da convivencia.
- Documentos relacionados:
- Presentación da documentación para a solicitude de praza: Do 18 de maio ao 1 de xuño de 2020.
- Publicación das listas provisionais de nenos/as admitidos/as: semana do 15 ao 19 de xuño de 2020.
- Presentación da documentación para a matrícula: Do 29 de xuño ao 13 de xullo de 2020.
- A Escola Infantil Municipal A Madalena prestará os seus servizos, de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos, de luns a venres en horario de 7.30 da mañá a 20.15 da tarde.
- O horario de peche da Escola, previo informe da Dirección, e unha vez revisados os horarios que os/as usuarios/as estableceron nas matrículas, reducirase cando a ratio dos nenos/as no centro sexa inferior a un 5 % da matricula no curso correspondente. Nos meses de verán a Escola prestará servizos de luns a venres en horario de:
- Xullo, de 7.30 a 18.00 (ou inferior segundo as demandas dos/as usuarios/as).
- Agosto, de 7.30 a 18.00 (ou inferior segundo as demandas dos/as usuarios/as).O tempo máximo de permanencia na Escola Infantil Municipal será de oito horas, agás casos excepcionais que serán debidamente xustificados, polos cales se incrementará o importe segundo o establecido na ordenanza fiscal correspondente
- Normativa. A EIM A Madalena rexerase pola seguinte normativa:
- Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia
- Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia
- Regulamento de réxime interior da escola infantil municipal A Madalena
- Corrección de erros no texto da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames (BOP do 5 de xullo de 2024)
- Documentos
- Proxecto educativo da escola infantil municipal A Madalena (curso 2021-2022)
- Programa anual da escola infantil municipal A Madalena (curso 2021-2022)
- Memoria anual da escola infantil municipal A Madalena (curso 2021-2022)
- Novas relacionadas
- Axenda