Pestanas principais

O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local de Ames

Martes, 12 de marzo de 2024

Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos oficios que trataron nas aulas, recibiron a visita de dous axentes da Policía Local de Ames que lles explicaron en que consiste o seu traballo e mesmo lles deixaron subir ao coche patrulla.

Dar a coñecer aos máis pequenos o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día é fundamental. Por iso, para dar a coñecer os servizos que presta a Policía Local, a Escola infantil municipal A Madalena recibiu a visita de dous axentes.

Deste xeito, o alumnado de 2 a 3 anos da EIM A Madalena puido coñecer o traballo que realiza o persoal da Policía Local de Ames, que trouxo un dos seus vehículos, ao que as nenas e os nenos se puideron subir e no que puideron probar a serea. Os axentes do corpo de seguridade amesá explicáronlles cales son as súas tarefas e que material empregan para desenvolver o seu traballo. Esta visita enmarcouse no mes dos oficios que estiveron estudando previamente nas aulas.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La Policía Local de Ames, a la escuela"

O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local de Ames

Multimedia

  • O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local de Ames