Pestanas principais

Escola infantil municipal A Madalena

    • Enderezo: Praza da Madalena, 16. O Milladoiro. 15895. Ames
    • Teléfono: 981 538 433 /   679 939 979
    • Escola: 
    • Directora: 
    • Responsable municipal: Concellaría de Educación
    • Reposable técnico: Mª Sandra Dios Suárez, Directora Pedagóxica
    • Horario de atención ao público:
      • Dirección Pedagóxica : De luns a venres de  9:00 a 14:00 h
      • Administración: Luns e mércores de  9:00 a 14:00 h
Outros Datos: 
  • Estrutura do servizo 
  • Funcións
    • Estimular o desenvolvemento de todas as capacidades humanas (físicas,  afectivas, intelectuais e sociais)  do neno/a, nos seus primeiros anos de vida sen esquecer a parte asistencial establecida para este tramo de idade.
    • Desenvolver
    • O movemento e o control corporal
    • As primeiras manifestacións de comunicación e linguaxe
    • As primeiras pautas elementais de convivencia e relación  social
    • Descubrimento do contorno inmediato
    • Colaborar coas familias compartindo e completando a función educativa.
  • Servizos complementarios.
    • A Escola Infantil Municipal A Madalena prestará servizo de:
    • Almorzo: ata as 9.00 (deberán traelo da casa).Xantar:  grupo de bebés, a demanda entre ás 12:00h e as 14:00h
      • grupo de 1-2 ás 12:00h
      • grupo de 2-3 ás 12:30h
    • Merenda: grupo de bebés, a demanda entre ás 16:00h e as 18:00h
      • grupo 1-2 ás 16:00h
      • grupo 2-3 ás 16:30h
    • Sesta. Só durmirán na escola aqueles nenos/as que utilicen o servizo de comedor.
  • Actividades e servizos extraescolares.
    • A Escola Infantil Municipal A Madalena réxese para a súa labor educativa a través de:
      • Proxecto educativo do centro.
      • Programación anual.

Todas elas son aprobadas pola comisión educativa e o Consello de Centro, e ademais están a disposición dos pais/nais/representantes legais no taboleiro da Escola así como na páxina web municipal.

Algunha das actividades realizadas na Escola son as seguintes:

    • Saídas didácticas.
    • Festivais: Nadal, Entroido, fin de curso.
    • Celebracións: Día da Paz, Día do Medio Ambiente, Día do Libro, etc.
  • Promoción do uso da lingua galega.
    A lingua de uso habitual do centro é o galego. Isto non quita que se atenda de xeito individualizado a aqueles/as nenos/as, pais/nais/representantes que non teñan coñecemento abondo do galego.
    A escola Infantil Municipal A Madalena  ten feito un Plan xeral de normalización lingüística que está a disposición dos/as usuarios/as no centro
  • Promoción da igualdade entre os/as nenos/as.
    A Escola Infantil Municipal A Madalena, deberá promover a igualdade como valor fundamental de convivencia entre os/as nenos/as. Será o cerne de todas as actividades que se desenvolvan no centro, e reflectirase non só nas actividades e material de traballo senón tamén no comportamento habitual dos/as mestres/as e educadores/as.
    Todas as actividades reflectiranse no proxecto educativo de centro e tamén nos deseños curriculares.
    A dirección da Escola prestará atención especial ao fomento e respecto da interculturalidade, como instrumento de superación das desigualdades, prexuízos e racismo.
  • Promoción da integración. A Escola Infantil Municipal A Madalena promoverá a integración de nenos/as con necesidades educativas especiais, fomentando deste xeito, a igualdade e o respecto como valores esenciais da convivencia.

Novas do departamento

A EIM A Madalena do Milladoiro achégase cada vez máis a normalidade, retomando actividades como o Samaín, que se celebrou nas súas aulas este pasado venres, respectando os grupos burbulla e os protocolos sanitarios establecidos. “O importante é pasalo ben”, destacou a directora do centro, Sandra Dios, que agradeceu a colaboración “coma sempre” das nais e pais da rapazada, que se achegou á escola con disfraces e maquillaxes terroríficas.

A escola infantil A Madalena celebrou hoxe, 16 de febreiro, a súa festa de Entroido. Este ano, a temática foron os monstros . O alumnado da escola gozou dun Entroido moi participativo coa presenza de numerosas familias.

Con motivo da celebración de Santa Icía patroa da música, a Escola Infantil A Madalena converte novembro no mes máis musical do ano realizando diversas actividades. Nesta ocasión, as  pequenas e pequenos da escola escoitaron cancións de diferentes xéneros, contos cantados, a realización de manualidades e incluso asistiron a unha actuación musical de Leticia Falcón, da Escola de Estudos Musicais Allegro.

Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos oficios que trataron nas aulas, recibiron a visita de dous axentes da Policía Local de Ames que lles explicaron en que consiste o seu traballo e mesmo lles deixaron subir ao coche patrulla.

A cativada da escola infantil municipal A Madalena, situada no Milladoiro, está a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos traballos que trataron nas aulas, o pasado 22 de marzo recibiron a visita dos servizos de emerxencia do G.E.S de Brión e da asociación canina “Só lles falta falar”, que foi acompañada de varios cans de rescate.

O alumnado da escola infantil municipal A Madalena comezou o mes de maio con excursións moi divertidas e diferentes. Durante as primeiras semanas, os cativos e cativas axudaron a plantar árbores bombeiras en Ventosa e pasearon polo monte da zona, mentres que o primeiro venres do mes chegaron á praza do Obradoiro de Santiago e aproveitaron para dar unha volta pola cidade no tren turístico.