Pestanas principais

A escola infantil A Madalena celebrou hoxe a súa festa de Entroido

Venres, 16 de febreiro de 2024

A escola infantil A Madalena celebrou hoxe, 16 de febreiro, a súa festa de Entroido. Este ano, a temática foron os monstros . O alumnado da escola gozou dun Entroido moi participativo coa presenza de numerosas familias.

A Escola Infantil Municipal A Madalena celebrou hoxe o seu desfile de Entroido. Inicialmente, estaba previsto que se celebrarse o pasado venres, 9 de febreiro, pero tivo que adiarse por mor do mal tempo.

Este ano, a temática elixida foron os monstros. Así, tanto o alumnado como o profesorado de cada aula se vestiu dun monstro diferente, tomando como referencia os monstros que identifican as perchas das clases dos nenos. Durante o mes de xaneiro, a cativada traballou nos disfraces que luciron no desfile que tivo lugar esta mañá.

Alumnado e profesorado da escola A Madalena

Multimedia

  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena, xunto coas familias