Pestanas principais

A Escola Infantil Municipal A Madalena volveu celebrar durante o mes de novembro o mes da música

Luns, 23 de decembro de 2019

Con motivo da celebración de Santa Icía patroa da música, a Escola Infantil A Madalena converte novembro no mes máis musical do ano realizando diversas actividades. Nesta ocasión, as  pequenas e pequenos da escola escoitaron cancións de diferentes xéneros, contos cantados, a realización de manualidades e incluso asistiron a unha actuación musical de Leticia Falcón, da Escola de Estudos Musicais Allegro.

Durante o pasado mes de novembro, as crianzas da Escola Infantil Municipal A Madalena desfrutaron dun mes repleto de actividades musicais. Unha delas, foi escoitar diversos estilos musicais, saíndo da tradicional música infantil: pop, rock, clásica... ademais de escoitar a emisora municipal, Ames Radio (107.2 FM). Desta maneira, buscase o interese e o gusto pola música dos máis pequenos.

Asemade, traballaron con diferentes instrumentos musicais. Ademais da expresión libre con diferentes instrumentos, as nenas e nenos idearon nunha  das actividades a súa propia guitarra, feita cun rollo de papel hixiénico e cartón, pintándoa e personalizándoa ao seu gusto. Tamén traballaron con conceptos musicais básicos, como aprender a interpretar un son agudo, un son grave e un silencio.

Para poñer o broche final ás actividades, celebraron a Festa da Música na propia escola, coa actuación de Leticia Falcón, da Escola de Estudos Musicais Allegro. Acompañada do seu piano, cantou e adaptou cancións na nosa lingua para os máis pequenos, que desfrutaron moito da súa actuación. Moitos deles asistiron disfrazados con algo relacionado ca música, sendo o disfrace máis elixido o de rockeiro ou integrante dunha banda de pop-rock.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "A Escola Infantil Municipal A Madalena volveu celebrar o mes da música"

Imaxe das actividades do mes da música na escola infantil municipal A Madalena

Multimedia

  • Imaxe das actividades do mes da música na escola infantil municipal A Madalena
  • Imaxe das actividades do mes da música na escola infantil municipal A Madalena
  • Imaxe das actividades do mes da música na escola infantil municipal A Madalena