Pestanas principais

O alumnado da EIM A Madalena achégase aos oficios a través da visita de diversos profesionais

Domingo, 19 de abril de 2026

Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena adicaron o mes de marzo a estudar os distintos oficios, unha experiencia que catalogaron  de moi enriquecedora. Para ilustrar o aprendido nas aulas, os nenos e nenas recibiron a visita de bombeiros, un corredor de rally, un reposteiro, un cociñeiro, enfermeiros/as, un pediatra, e unha perruqueira. Ao abeiro deste bloque temático, os/as nenos/as fixeron unha excursión é oficina de Correos do Milladoiro, e recibiron a visita da Policía Local de Ames e dos/as enfermeiros/as do centro de saúde do Milladoiro, que lles explicaron en que consiste o seu traballo.

Durante todo o mes de marzo na escola da Madalena o eixe temático foron os oficios. Deste xeito, o alumnado traballou sobre diversas profesións, as súas funcións, os espazos nos que cada profesión desenvolve a sua labor e os utensilios e ferramentas relacionados con cada profesión. 

Pero nestas idades para que as aprendizaxes sexan significativas o mellor é vivir as experiencias dende o máis próximo, e a realidade é que o máis próximo son as profesións dos distintos membros da familia. Para elo convidaron á escola a todos os familiares que quixeran vir a contar o seu oficio.

Tamén convidaron ao persoal da Policía Local, para explicar en que consiste o seu traballo, e para mostrar un dos seus coches, que sempre esperta unha gran expectación entre a rapazada. Por último, o alumnado e profesorado achegouse á oficina de Correos para ver como despois de botar as cartas na caixa de correos as cartas chegan ás nosas casas.

Oficios das familias da escola 
En canto ás familias houbo oficios do máis variado. O pai de Eneko, que é bombeiro, acudiu á escola cos compañeiros do GES de Brión, que lles mostraron o camión de bombeiros, o funcionamento da mangueira coa que apagan os lumes, os cascos que deben utilizar cando teñen que atender algunha chamada e en que consisten as súas funcións.  

Ademais, o pai de Naila, que é corredor de rally, levou o seu coche á escola, ao que puideron subir os nenos e nenas. O alumnado tamén gozou da repostería e da cociña facendo doces co pai de Chloe e pizzas co pai de Greta. 

A nai de Carlota amosou o traballo dunha perruqueira, e xa nos últimos días de marzo tocou a visita dun enfermeiro, o pai de Carme, e dunha enfermeira, a nai de Airas. Tamén participou no mes dos oficio o avó de Martín que é pediatra, que auscultou aos nenos e nenas e lle mirou a tensión e maila garganta.

Visita dos/as enfermeiros/as do centro de saúde do Milladoiro
E para rematar acudiron á escola os/as enfermeiros/as do centro de saúde do Milladoiro, que  fixeron un conto para que os nenos e nenas saiban da importancia dos coidados de enfermería, para estar sans, hai que comer ben, froita e verduras, e manterse activos xogando e bailando, e curar as nosas feridas cando nos mancamos.

O alumnado da EIM A Madalena achégase aos oficios a través da visita de diversos profesionais

Multimedia

  • O alumnado da EIM A Madalena achégase aos oficios a través da visita de diversos profesionais