O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este mércores, 17 de abril, o sexto pleno de estado do Concello de Ames. Esta sesión plenaria serviu para facer balance sobre a xestión do goberno local e da situación na que se atopa o municipio amesán. Dese xeito, fíxose balance da execución das actuacións incluídas na EDUSI Impulsa Ames e da actividade doutras áreas como educación, emprego, comercio, axenda urbana, mocidade, medio ambiente, cultura, etc. Tamén se abordaron cuestións de gran importancia como a elaboración da Axenda Urbana, a humanización do Milladoiro ou a creación da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames. Premendo nesta ligazón podes acceder á gravación do pleno de estado do concello.