Pestanas principais

Habilítase un acceso directo na web municipal para obter cita previa e poder realizar trámites presenciais en Rexistro e no Padrón municipal

Venres, 30 de outubro de 2020

Para acudir a facer trámites presenciais ás oficinas municipais é necesario sacar cita previa. Para iso habilitouse un sistema online de obtención de cita previa, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, para a realización de trámites presenciais no Rexistro Xeral e no Padrón municipal, así como para facer trámites a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). Para acceder a dito servizo vén de colocarse un acceso directo na web municipal, dentro do apartado de Atención cidadá, información e participación.  Ademais, existe unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais.

O Concello de Ames recorda que para poder acudir ás oficinas municipais a realizar calquera tipo de trámite, de xeito presencial, é necesario sacar cita previa antes de acudir. Para iso púxose a disposición da veciñanza un sistema online de obtención de cita previa, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, para a realización de trámites presenciais no Rexistro Xeral e no Padrón municipal, así como para facer trámites a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). O obxectivo deste sistema é, por unha banda facilitarlles aos veciños e ás veciñas a obtención de cita previa e que o poidan facer dunha forma rápida e áxil, e por outra optimizar o traballo dos empregados/as públicos.

A solicitude de cita realízase través dun acceso directo creado na web municipal, dentro do apartado de Atención cidadá, información e participación. Unha vez se accede a dita páxina débese elixir si se desexa acudir á oficina de Bertamiráns ou O Milladoiro, ou por outra banda si se decide reservar cita específica para trámites de padrón, urbanismo ou SIR. Tamén se pode acceder dende o apartado de Sede electrónica do Concello de Ames, que está en  Tramites e servizos na web municipal, ou directamente dende o sitio web sede.concellodeames.gal.    

Unha vez elixido o punto ao que se desexa acudir, ábrese un calendario no que o usuario/a pode seleccionar o día e hora para a realización do trámite ante o rexistro cumprimentando os datos solicitados polo sistema: nome, email, teléfono, así como o motivo polo que se solicita a cita. Unha vez comprobados os datos, esta confirmarase a través dun correo electrónico á dirección indicada. Así mesmo tamén se habilitan as seguintes liñas telefónicas para información de Oficinas Xerais do Concello de Ames: 881 07 47 09; 881 07 47 10 e 881 07 47 11.

Este servizo púxose en marcha pola situación xerada pola pandemia da Covid-19. Deste xeito, adoptáronse as medidas axeitadas para a protección da saúde e prestar un mellor servizo á cidadanía, dentro do proxecto de transformación dixital do Concello de Ames, que ten como obxectivo esencial achegar a administración á cidadanía e facilitar a xestión de trámites a través do uso eficiente das tecnoloxías. Co servizo de cita previa redúcense as aglomeracións e esperas nos momentos de maior afluencia.

Contactos dos departamentos municipais
Ademais, existe unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais. Premendo nas imaxes que están ao pé deste aviso podes obter máis información sobre o sistema online para a obtención de cita previa e sobre a listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais. Para presentar documentación por rexistro pódese utilizar o Rexistro Telemático, accesible dende a Sede electrónica do Concello de Ames.

Cartel informativo sobre o sistema online de obtención de cita previa

Multimedia

  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico
  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico
  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico