Pestanas principais

Habilítase un sistema online de obtención de cita previa para a realización de trámites presenciais en Rexistro e no Padrón municipal

Venres, 04 de setembro de 2020

Para acudir a facer trámites presenciais ás oficinas municipais é necesario sacar cita previa. Para iso ponse a disposición da veciñanza unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais. Ademais, está activo na Sede electrónica do Concello de Ames un sistema online para a obtención de cita previa, imprescindible para realizar trámites presenciais relacionados co Rexistro Xeral, Padrón municipal e trámites a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).

O Concello de Ames recorda que para poder acudir ás oficinas municipais a realizar calquera tipo de trámite, de xeito presencial, é necesario sacar cita previa antes de acudir. Para iso ponse a disposición da veciñanza unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais.

Ademais, dende o pasado día 3 de agosto está activo na Sede electrónica do Concello de Ames un sistema online para a obtención de cita previa, imprescindible para realizar trámites presenciais relacionados co Rexistro Xeral de Entrada, Padrón municipal e trámites a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). O obxectivo desta medida é, por unha banda facilitarlles aos veciños e ás veciñas a obtención de cita previa e que o poidan facer dunha forma rápida e áxil, e por outra optimizar o traballo dos empregados/as públicos.

A solicitude de cita realízase través da web municipal, na dirección www.concellodeames.gal, picando na pestana "Sede electrónica" ou ben directamente no sitio web sede.concellodeames.gal. Na nova páxina que se abre, selecciónase a opción de "Cita previa", e a continuación débese elixir si se desexa acudir á oficina de Bertamiráns ou O Milladoiro, ou por outra banda si se decide reservar cita específica para trámites de padrón, urbanismo ou SIR.

Unha vez elixido o punto ao que se desexa acudir, ábrese un calendario no que o usuario/a pode seleccionar o día e hora para a realización do trámite ante o rexistro cumprimentando os datos solicitados polo sistema: nome, email, teléfono, así como o motivo polo que se solicita a cita. Unha vez comprobados os datos, esta confirmarase a través dun correo electrónico á dirección indicada. Así mesmo tamén se habilitan as seguintes liñas telefónicas para información de Oficinas Xerais do Concello de Ames: 881 07 47 10 e 881 07 47 11.

Este servizo ponse en marcha pola situación xerada pola pandemia da COVID 19. Deste xeito, preténdense adoptar as medidas axeitadas para a protección da saúde e prestar un mellor servizo á cidadanía, dentro do proxecto de transformación dixital do Concello de Ames, que ten como obxectivo esencial achegar a administración á cidadanía e facilitar a xestión de trámites a través do uso eficiente das tecnoloxías. Co servizo de cita previa reduciranse as aglomeracións e esperas nos momentos de maior afluencia.

Premendo nas imaxes que están ao pé deste aviso podes obter máis información sobre o sistema online para a obtención de cita previa e sobre a listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais. Para presentar documentación por rexistro pódese utilizar o Rexistro Telemático, accesible dende a Sede electrónica do Concello de Ames.

Cartel informativo sobre o sistema online de obtención de cita previa

Multimedia

  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico
  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico
  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico