Pestanas principais

Departamento de Secretaría e Administración Xeral

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención ao público: de 9:00-14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Administración Xeral.
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estrutura do servizo: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesoría xurídica do Concello
    • Informar e asesorar sobre os asuntos plenarios. Conformación dos plenos e comisións, xuntas de goberno
    • Levantar acta das sesións dos órganos colexiados
    • Certificación dos actos ou resolucións da Presidencia e os acordos dos órganos colexiados decisorios, así como dos antecedentes, libros e documentos do Concello.
    • Remitir á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma, nos prazos e formas determinados reglamentariamente, copia ou, no seu caso, extracto dos actos e acordos dos órganos decisorios da Corporación, tanto colexiados como unipersonais.
    • Levar e custodiar o Rexistro de Intereses dos membros da Corporación e o Inventario de Bens.
    • Acompañar ao Alcalde-Presidente ou membros da Corporación nos actos de sinatura de contratos ou escrituras.
    • Xestión da área de contratación. Realización do Plan de contratación semestral.
    • Xestión dos RRHH do Concello de Ames.
  • Bolsas de traballo
  • Procesos selectivos
  • Perosal Municipal
  • Novas relacionadas
  • Axenda.

Novas do departamento

O Concello de Ames informa que dende o día 8 de xuño de 2020, é aplicable á provincia da Coruña, e en concreto ao municipio de Ames a Orde SND/458/2020, do 30 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas, tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Dende o Concello de Ames apélase á responsabilidade dos veciños e veciñas no cumprimento das normas polo ben común e evitar así un posible retroceso no control da pandemia da Covid-19. Preme nesta ligazón para consultar as principais medidas a ter en conta na fase 3 da desescalada que comeza a partir deste luns 8 de xuño.

Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Así, estará o vindeiro día 21 de febreiro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas, con 75 citas dispoñibles. Quedan prazas dispoñibles polo que as persoas interesadas en empregar este servizo deben escribir ao enderezo electrónico gabinete@ames.gal ou chamar ao número 881 074 730 para engadir nome, apelidos e un teléfono de contacto.

Nos últimos días o Concello de Ames, a través dos departamentos de Comunicación e Transparencia, realizou varias modificacións no Portal da Transparencia do web municipal, para mellorar a organización da información dos apartados de Normativa municipal, Consulta pública e Información orzamentaria. Ademais, creouse una novo apartado en Transparencia denominado Decretos, onde se poden consultar os decretos aprobados pola Alcaldía durante o estado de alarma. Tamén se cargou no apartado de Información orzamentaria a documentación correspondente ao Orzamento de 2020. O obxectivo de ditos cambios é facilitar a navegación polo web da veciñanza amesá.

Este luns pola mañá celebrouse unha Xunta de Goberno Local extraordinaria na Casa do Concello para tratar un único punto. Nesta sesión procedeuse ao sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia, eleccións que terán lugar o domingo, 18 de febreiro. Un total de 25.171 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saíu elixida para formar parte dalgunha das mesas electorais.

Este xoves pola mañá celebrouse un Pleno extraordinario na Casa do Concello para tratar un único punto. Nesta sesión plenaria procedeuse ao sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, eleccións que terán lugar o domingo, 23 de xullo. Un total de 24.906 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saíu elixida para formar parte dalgunha das mesas electorais.

Este martes, 6 de agosto, o goberno municipal reuniuse cos delegados sindicais do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal para abordar diferentes temas de persoal. Deste xeito, reuniuse a comisión do Fondo de Acción Social e maila comisión das bolsas de traballo. Ademais, por primeira vez dende a aprobación, no pleno ordinario do mes de abril, do Plan de estabilización do emprego temporal no Concello de Ames, reuniuse a Comisión paritaria do Acordo para a Estabilización do Emprego Temporal no Concello de Ames.

Hoxe mércores 5 de xuño, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) celebrou na súa sede, na Estrada, un acto de recoñecemento ao labor da Policía Local de Galicia, no que se entregaron medallas ao mérito da Policía Local e distintivos aos e ás axentes que cumpren 25 anos de servizo. Neste senso, foron condecorados seis axentes da Policía Local de Ames: Francisco Javier Berdullas Nieto, Cristina Ferreira Vidal, Juan José Lemos González, José Ángel Miramontes Cajade, Pablo Moure Barcia e Juan José Rodríguez Freire. Os/as axentes do corpo de seguridade amesán recibiron o seu distintivo xunto a outros 46 policías locais galegos. Ademais, homenaxeouse a tres policías locais condecorados coas medallas ao mérito por actos de especial relevancia no exercicio do seu labor.

O Concello de Ames informa de que por medio de decreto de Alcaldía se suspende a celebración das sesións de Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións Informativas, durante a duración do estado de alarma declarado polo Goberno do Estado. Ademais, suspéndese a celebración das restantes reunións de traballo coa única excepción da Comisión de seguimento do Coronavirus COVID-19.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.