Pestanas principais

Departamento de Secretaría e Administración Xeral

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención ao público: de 9:00-14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Administración Xeral.
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estrutura do servizo: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesoría xurídica do Concello
    • Informar e asesorar sobre os asuntos plenarios. Conformación dos plenos e comisións, xuntas de goberno
    • Levantar acta das sesións dos órganos colexiados
    • Certificación dos actos ou resolucións da Presidencia e os acordos dos órganos colexiados decisorios, así como dos antecedentes, libros e documentos do Concello.
    • Remitir á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma, nos prazos e formas determinados reglamentariamente, copia ou, no seu caso, extracto dos actos e acordos dos órganos decisorios da Corporación, tanto colexiados como unipersonais.
    • Levar e custodiar o Rexistro de Intereses dos membros da Corporación e o Inventario de Bens.
    • Acompañar ao Alcalde-Presidente ou membros da Corporación nos actos de sinatura de contratos ou escrituras.
    • Xestión da área de contratación. Realización do Plan de contratación semestral.
    • Xestión dos RRHH do Concello de Ames.
  • Bolsas de traballo
  • Procesos selectivos
  • Perosal Municipal
  • Novas relacionadas
  • Axenda.

Novas do departamento

Esta mañá celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a clasificación de ofertas e requerimento de documentación para a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos da campaña de Nadal. Tamén se aprobou o expediente de licitación do servizo de soporte e mantemento do sistema de vídeo acta e do hosting e almacenamento externo do Concello de Ames e unha licenza de segregación dunha parcela.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves, 31 de outubro, a Oferta de Emprego Público 2024 do Concello de Ames. Dita oferta de emprego recolle 15 prazas: 13 por quenda libre e 2 de promoción interna. Nesta oferta de emprego público recóllense as prazas que están vacantes na plantilla do Concello de Ames e consignadas nos Orzamentos de 2024, así como as prazas que deben destinarse tanto a promoción interna como a quenda de discapacidade. Trala aprobación en Xunta de Goberno Local a OEP 2024 do Concello de Ames ten que ser publicada no BOP.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar hoxe, 23 de maio, a Oferta de Emprego Público para a estabilización de emprego temporal no Concello de Ames correspondente á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, cun total de 118 prazas (38 de persoal funcionario e 80 de persoal laboral). Trala aprobación en Xunta de Goberno Local a OEP 2022 do Concello de Ames ten que ser publicada no diario oficial correspondente antes do 1 de xuño. Trátase dun proceso de estabilización no que a maior parte das prazas se estabilizarán unicamente por medio dun concurso de méritos (prazas afectadas polas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de redución da temporalidade) e outras prazas serán estabilizadas mediante o sistema de concurso-oposición (prazas afectadas polo artigo 2 da Lei 20/2021 de redución da temporalidade).

Este xoves, 17 de outubro, celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobaron as axudas aos traballadores/as municipais con cargo ao Fondo de Acción Social, correspondente á convocatoria do exercicio 2018. Tamén se aprobou a modificación do prazo de execución parcial das obras de mellora do camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e do camiño a Ínsua, incluídas no plan de camiños municipais 2019-2020 de AGADER. Por último, aprobouse de xeito definitivo o refundido da modificación do proxecto de urbanización APE B7-06 Rego dos Pasos Sur IV e maila adxudicación do expediente de licitación do contrato de servizo privado artístico “Maxia de estrelas 2019”.

Esta mañá celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado con un único criterio de adxudicación, das obras de saneamento en Suevos e Sorribas, incluídas no POS 2019. Ademais, aprobouse o expediente de licitación para a contratación dunha operación de préstamo, por importe de 312.127 euros, para o financiamento de actuacións da EDUSI; e o expediente de modificación do contrato do servizo de monitoraxe na Rede de Comedores Escolares, para o curso 2019-2020, debido ao aumento de usuarios/as.

Este xoves, 4 de xullo, tivo lugar a primeira Xunta de Goberno Local deste mandato. Entre os puntos tratados durante a reunión, destaca a aprobación da adaptación da composición da Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ames á nova composición da Corporación Local. Asemade, tamén foi aprobado o expediente de licitación da obra de Camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e Camiño a Ínsua mediante procedemento aberto simplificado, por un total de 52.250,22 euros, IVE incluído.

Na Xunta de Goberno Local do 13 de febreiro de 2025 aprobouse o expediente da terceira licitación, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, cun único criterio de adxudicación que é o prezo, para a concesión de unidades de enterramento no cemiterio municipal de Os Batáns. Os/as interesados/as deberán presentar ata o 18 de marzo, ás 23.59 horas, a correspondente solicitude para a adxudicación de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames. A solicitude pódese realizar a través da Sede electrónica ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de Bertamiráns e do Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes acceder á plataforma de contratación do sector público onde se pode consultar o expediente de licitación.

O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán (23 de xuño de 2022). No caso de  espazos públicos o prazo vai do 6 de xuño ao día 16 de xuño, ás 14.00 horas, mentres que no caso de  espazos privados o prazo de solicitude abrangue do 6 de xuño ao día 21 de xuño, ás 14.00 horas. Estas normas fanse extensivas á celebración de cacharelas/sardiñadas durante todo o mes de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Para presentar as solicitudes de forma presencial haberá que solicitar cita previa na Sede electrónica.

O Pleno aprobou este xoves, 10 de febreiro, a participación do Concello de Ames no plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos), POS+ 2022, da Deputación provincial da Coruña. O Concello de Ames disporá de 1.076.348,37 euros, dos cales 1.042.547,70 euros (443.863,06€ da achega provincial 2022 e 598.684,66 euros da achega de 2021) son para novos investimentos; e 33.800,65 euros para a redución de débeda con entidades financeiras. Dentro da partida de 598.684,66 euros, da achega de 2021, o Concello achega 3.994,19 euros. No Plan complementario de 2022 recóllese unha partida de 1.472.221,51 euros para a execución de sete proxectos e no POS+ Adicional 1/2022 contémplanse 157.736,37 euros para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade practicamente todos os puntos tratados no pleno ordinario de novembro. Foi aprobado por unanimidade a alteración de cualificación xurídica dun anaco de camiño público no lugar de Firmistáns; o convenio de colaboración para a xestión do plan de sustentabilidade turística nova experiencia enogastronómica e incremento da cota de mercado do destino Terras de Santiago; a modificación do lote 1 do servizo de monitorización dos programas municipais de conciliación da vida laboral e familiar do Concello de Ames, e maila aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito. Tamén se aprobou por unanimidade unha moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista. Outra moción presentada polo BNG para denunciar a guerra de Israel contra a Franxa de Gaza foi aprobada por maioría absoluta. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.