Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de licitación da obra do camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e camiño a Ínsua

Venres, 05 de xullo de 2019

Este xoves, 4 de xullo, tivo lugar a primeira Xunta de Goberno Local deste mandato. Entre os puntos tratados durante a reunión, destaca a aprobación da adaptación da composición da Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ames á nova composición da Corporación Local. Asemade, tamén foi aprobado o expediente de licitación da obra de Camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e Camiño a Ínsua mediante procedemento aberto simplificado, por un total de 52.250,22 euros, IVE incluído.

Así, por unanimidade dos membros da nova Xunta de Goberno Local, aprobouse a nova composición da Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ames, composta polo alcalde José Miñones como presidente; o primeiro tenente de alcalde, David Santomil, como primeiro suplente; o segundo tenente de alcalde, Blas García, como segundo suplente; e a terceira  tenente de alcalde, Genma Otero, como terceira suplente. Así mesmo,  Rosa Ana Prada, secretaría municipal;  Margarita Fernández,  interventora municipal; e  José Rogelio Pardo, xefe do Servizo de Contratación, ocupan o posto de vogais; mentres que Emilio Garrido desempeña a función de secretario da mesa. Para este posto designouse a Mª Isabel Quintáns, funcionaria interina do servizo de contratación; e Jose Cabo, funcionario interino do servizo de secretaría como suplentes.

A mesa de Contratación Temporal foi adaptada á nova composición da Corporación Local  por unanimidade dos membros da Xunta, despois de que esta fose constituída na Xunta de Goberno Local do 19 de xullo, de acordo á Lei de Contratos do Sector Público L 9/2017.

Licitación das obras  de Camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e Camiño a Ínsua

Durante esta sesión da Xunta de Goberno Local tamén se procedeu á aprobación do expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado, das obras do camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e camiño a Ínsua, na praia fluvial de Tapia. O importe do contrato é dun total de 52.250,22 euros, IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020.

Delegación do Pleno na Xunta de Goberno Local

Asemade, durante a reunión tamén se aprobou por unanimidade, a delegación da competencia para a formación das mesas electorais, prevista no artigo 26 da Lei 5/1985 do 19 de xullo, na Xunta de Goberno Local. Este acordo foi adoptado na sesión plenaria de organización da Corporación Local que tivo lugar o 2 de xullo de 2019.

Ligazóns:

Compostela 24 horas: "A XGL de Ames aproba o expediente de licitación da obra do camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e camiño a Ínsua"

Lindeiros: "Primeira Xunta de Goberno Local de Ames"

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de licitación da obra do camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e camiño a Ínsua