- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02

- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
Cun sinxelo acto no que participaron o alcalde, Jose Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e varios concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, Ames acendeu as luces de Nadal o pasado sábado, 28 de novembro. O acto desenvolveuse diante do Concello e coa presenza, como convidados, do alumnado e os responsables do obradoiro de emprego. Unha das alumnas, Cristina Ferreiro Serranito, foi a encargada de premer o botón de acendido das luces. Preto de 150 elementos decorativos, entre os que destacan un photocall con forma de marco de fotos na praza do Concello, unha bola xigante luminosa instalada na praza da Madalena do Milladoiro, unha árbore de 15 metros na praza de Manuel Murguía da mesma localidade e a numeración 2021 na praza da Maía en Bertamiráns, alumean o Nadal de Ames desde o sábado. A iluminación intensifícase nas prazas e rúas máis comerciais, con especial relevancia na rúa Anxeriz e na Avenida Rosalía de Castro. En todas as parroquias locen tamén elementos decorativos propios destas datas. Para ver todas as imaxes do acto do día do acendido de luces de Nadal, prema nesta ligazón.
Dende este martes, 3 de setembro, as oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, xa abren no seu horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. Durante o mes se agosto ditas oficinas estiveron pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
O pasado xoves, 9 de xuño, na presentación da programación AmesOn 2022, os integrantes da orquestra Panorama, Fátima Pego e Diego Moreiras, anunciaron que os/as gañadores/as da segunda edición do concurso Canta con Ames, actuarán o 18 de setembro, no Milladoiro, de abreconcerto antes da actuación da orquestra Panorama. Debido a que dito anuncio se fixo o pasado 9 de xuño, amplíase ata o día 19 o prazo de inscrición para o concurso Canta con Ames, para que todos aqueles que queiran participar teñan marxe para inscribirse. Existen catro categorías: infantil, ata os 12 anos; xuvenil, de 13 a 20 anos; sénior, de 21 a 40 anos; e súper sénior, de 41 en diante. Preme nesta ligazón para descargar as bases da segunda edición do concurso Canta con Ames 2022.
O Concello de Ames volveu celebrar as súas Prebadaladas. O evento creou un ambiente festivo e familiar para darlle a benvida ao 2023 de maneira anticipada. Dende as 11 da mañá e ata as 13:30, hora á que rematou a cita, 1100 persoas pasaron pola praza do Concello para gozar das moitas actividades que se levaron a cabo para celebrar a chegada do novo ano. Un gran reloxo situado na fachada da Casa do Concello foi o encargado de marcar as Prebadaladas que deron inicio a unha festa chea de música, diversión e alegría. Pinchando neste link podedes ver un vídeo resumo das Prebadaladas de Ames.
O pasado 15 de decembro abriu o prazo para que as persoas que o desexen poidan descargar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este martes, 26 de decembro, descargáronse 2.374 bonos e consumiuse algo máis do 50% do orzamento destinado a ditas tarxetas de desconto. Ata o de agora consumíronse 31.965 euros dos 61.000 euros que achega o Concello. Ademais, durante estes 10 días xerouse un gasto total de 135.455,30 euros nos 105 establecementos comerciais e de hostalería que se adheriron a dita campaña. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono por importe de 50 euros. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da web bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. O prazo de validez do bono vai do 15 de decembro de 2023 ao 31 de xaneiro de 2024, salvo que se esgote o orzamento do programa.
O pasado 14 de decembro comezou o prazo para descargar e empregar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este luns, 23 de decembro, descargáronse máis de 2.892 bonos e consumiuse máis do 75% do orzamento destinado a esta iniciativa, superando moi amplamente as cifras do ano pasado. Así mesmo, xerouse un gasto de máis de 185.000 euros nos 105 establecementos e comercios adheridos á campaña deste ano. As persoas que aínda non descargaran o seu bono, poden facelo a través da páxina web bonos consuma no apartado de clientes. O prazo para usar os bonos remata o 14 de febreiro, salvo que se esgote antes o orzamento do programa.
O pasado 15 de decembro abriu o prazo para que as persoas que o desexen poidan descargar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este venres, 5 de xaneiro, descargáronse 3.090 bonos e consumiuse máis do 80% do orzamento destinado a ditas tarxetas de desconto. Ata o de agora consumíronse 54.415 euros dos 61.000 euros que achega o Concello. Ademais, durante estes 20 días xerouse un gasto total de 230.912,08 euros nos 105 establecementos comerciais e de hostalería que se adheriron a dita campaña. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono por importe de 50 euros. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da web bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. O prazo de validez do bono vai do 15 de decembro de 2023 ao 31 de xaneiro de 2024, salvo que se esgote o orzamento do programa.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves 30 de decembro de 2021 as bases da campaña Merc@mes, que suporá a volta das tarxetas bono para gastar no comercio e na hostalaría locais. Neste senso, o alcalde de Ames, Blas García, e o presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Jorge López, acompañados da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, asinaron o convenio para a subvención destes bonos, aos que o Concello destinará 80.000 euros (75.000 euros para as tarxetas bono e 5.000 euros para a xestión de ditas tarxetas). Do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro os establecementos amesás poderán inscribirse na campaña, mentres que tanto as solicitudes de novas tarxetas como as recargas das xa existentes comezarán o 1 de marzo.
O alcalde, Blas García, vén de supervisar o avance das obras do Centro Multifuncional de Ames, en compañía da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e do concelleiro de Obras, Gustavo Nieto. A visita foi guiada polo persoal técnico da empresa adxudicataria da actuación, Construcciones Iglesias Mera.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, dá conta de como avanzan os sete proxectos que foron premiados con 10.000 euros cada un dentro do Ames AV LAB, para as actividades de definición e desenvolvemento inicial. Tramoloxía, O Laúro, Dous nichos para Maruja, Nemeto, 42.195 metros, Orquesta Raíña e Serenade foron os sete proxectos premiados. Estes premios, concibidos como capital semente, permitíronlle aos seus creadores avanzar no seu desenvolvemento inicial e atraer novas oportunidades de financiamento. Algúns dos proxectos están en fase de preprodución e busca de financiamento, mentres que outros xa teñen data de gravación.
- ‹ anterior
- 20 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns.

- 20 de 22
- seguinte ›