- Enderezo: Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 89 14 76

- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Educación
Pestanas principais
Departamento de Educación
Servizos e programas
Novas do departamento
Dende hoxe, martes 2, e ata o 16 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Premendo esta ligazón pódese obter os impresos de inscrición da Escola de Verán 2023. As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.
Desde este venres, día 3, ata o venres 17 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación Entroido Lúdico, que se realizará os días 3, 4 e 5 de marzo. No programa poderán participar familias empadroadas en Ames con crianzas escolarizadas no 2º ciclo de educación infantil e primaria neste curso escolar e que acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral coa familiar. O programa inclúe os servizos de comedor e Bos días e os horarios de entrada e saída son bastante amplos e flexibles, adaptándose ás necesidades familiares. As familias interesadas deberán entregar a documentación necesaria na Sede Electrónica ou de maneira presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Pódese descargar o impreso de solicitude na seguinte ligazón.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2024-2025). O prazo de presentación de solicitudes empezou o 17 de xullo, e estará aberto ata o vindeiro 18 de agosto, 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP. O prazo remataría o 15 de agosto, pero como é día inhábil, trasládase a data de peche de solicitudes ao seguinte día hábil, sendo este o luns 18 de agosto. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.
Ata o vindeiro 31 de marzo as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poden preinscribirse ou renovar praza para o curso 2023-2024, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. Os/as interesados/as poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476.
Desde hoxe e ata o 15 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro Lúdico”, que este anos se desenvolverá os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames con crianzas escolarizadas no segundo ciclo de educación infantil e primaria (non poderán participar os nenos/as que vaian cursar 4º de infantil no curso 2024/2025 nin os nenos/as que para o curso 2024/2025 vaian a cursar a ESO). As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.
Dende hoxe, luns 9, e ata o vindeiro martes 24 de outubro de 2023, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.
Desde hoxe, 1 de xullo, ata o vindeiro día 15, está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación Setembro lúdico 2026, que este ano se desenvolverá os días 1, 2, 3, 4, 7 e 8 de setembro. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e educación primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Dende onte, 1 de xullo, ata o vindeiro día 15, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro lúdico 2025”, que este ano se desenvolverá do 1 ao 5 de setembro. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. Non poderán participar os menores que vaian cursar 4º de Educación Infantil ou a ESO no vindeiro curso 2025-2026. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Desde hoxe, 20 de abril, e ata o 4 de maio de 2026 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación Xuño Lúdico, que este ano se desenvolverá do 22 ao 30 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no Concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Dende hoxe e ata o próximo 16 de xaneiro está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación “Entroido Lúdico” que se desenvolverá os días 24, 25 e 26 de febreiro. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar a vida laboral e familiar ofrecendo actividades matinais ás crianzas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas, incluíndo os servizos de Bos días e comedor.
- ‹ anterior
- 6 de 30
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.
- ‹ anterior
- 2 de 2




