O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colaborou na organización do Campus de Nadal Nuria Rábano, que se impartiu no campo municipal de fútbol do Milladoiro os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. Foron cinco días de adestramentos e convivencia nos que participaron 20 rapaces e rapazas, que puideron compartir as sesións técnicas con Nuria Rábano e cos adestradores de Koben Sports, empresa organizadora de dito campus. Hoxe realizouse o acto de clausura no que participou a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e mailo técnico municipal de Deportes, Iván Sanmartín.