Pestanas principais

38 nenos e nenas do Club de Atletismo Millaraio participaron no campionato provincial XOGADE de cross

Sábado, 27 de decembro de 2025

O pasado sábado, 13 de decembro, celebrouse o campionato provincial XOGADE de cross no circuíto Virxe do Loreto de Porto do Son. O club atletismo MillaRaio estivo representado por 38 nenos e nenas das categorías sub10, sub12, sub14 e sub16, obtendo uns excelentes resultados individuais e por equipos.

A pasada fin de semana do 13 de decembro, o circuíto Virxe do Loreto de Porto do Son acolleu o campionato provincial XOGADE de cross. Nesta proba, o Millaraio acudiu con 38 nenos e nenas das categorías sub10, sub12, sub14 e sub16, obtendo uns excelentes resultados individuais e por equipos.

Destacan os podios individuais dos atletas sub12, Celia Mella e Mateo Vilela; e os dos equipos sub10, tanto feminino como masculino, que foron segundos ambos os dous. Tamén cómpre salientar o primeiro posto das nenas sub12 e o terceiro posto do equipo sub12 masculino.  

Deste xeito, clasificáronse para o campionato galego que se vai celebrar en Ribadeo o vindeiro sábado 17 de xaneiro, o equipo sub12 feminino e Mateo Vilela de xeito individual. Excelente comenzo de tempada para os máis pequenos do Club de Atletismo Millaraio.

Novas relacionadas:

Diario de Santiago: "38 nenos e nenas do Club de Atletismo Millaraio participaron no campionato provincial XOGADE de cross"

38 nenos e nenas do Club de Atletismo Millaraio participaron no campionato provincial XOGADE de cross

Multimedia

  • 38 nenos e nenas do Club de Atletismo Millaraio participaron no campionato provincial XOGADE de cross