- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colaborou na organización do Campus de Nadal Nuria Rábano, que se impartiu no campo municipal de fútbol do Milladoiro os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. Foron cinco días de adestramentos e convivencia nos que participaron 20 rapaces e rapazas, que puideron compartir as sesións técnicas con Nuria Rábano e cos adestradores de Koben Sports, empresa organizadora de dito campus. Hoxe realizouse o acto de clausura no que participou a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e mailo técnico municipal de Deportes, Iván Sanmartín.
Os 20 rapaces e rapazas que participaron na primeira edición do Campus pola Igualdade de Nuria Rábano tiveron unha xornada de peche moi especial, xa que ademais de estar con Nuria Rábano, puideron compartir adestramento con Hugo Rama, ex-xogador do R.C. Deportivo da Coruña e que na actualidade se atopa sen equipo, e con Dani Iglesias, xogador do Sepsi OSK Sf. Gheorghe de Romanía.
Durante o acto de clausura os rapaces e rapazas recibiron o correspondente diploma do campus e tamén participaron no sorteo de varios agasallos: material deportivo achegado por Nuria Rábano, Hugo Rama e Dani Iglesias, así como material do campus (gorras, botellas, etc). No acto de clausura tamén participou a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e mailo técnico municipal de Deportes, Iván Sanmartín.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, estivo falando cos rapaces e rapazas que se mostraron moi contentos por participar en dito campus e agradeceulle a Nuria Rábano a súa implicación na organización deste campus. “Dende o Concello agardamos seguir colaborando en futuras edicións deste campus, xa que este tipo de actividades fomentan a práctica deportiva, pero ademais achega moitos valores. É unha boa forma de pasar as mañás das vacacións de Nadal”.
Durante cinco días impartíronse máis de 16 horas de adestramentos e houbo unha hora diaria de multideporte. As sesións de técnica foron impartidas por Nuria Rábano. Cada participante recibiu un kit de adestramento e tiña incluído un seguro de accidentes e un almorzo diario.
Novas relacionadas
Xornal de Compostela: "O Concello de Ames colabora no Campus de Nadal de Nuria Rábano no Milladoiro"
Diario de Santiago: "20 rapazas e rapaces participaron na primeira edición do Campus pola Igualdade de Nuria Rábano"















