Pestanas principais

Departamento de Deportes

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención ao público:
      • De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure.
Outros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2020-2021
  • Funcions:
    • Deseñar proxectos deportivos: escolas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar e xestionar programas deportivos e elaborar estratexias de funcionamento.
    • Incentivar a participación cidadá tanto nas actividades como na creación deportiva.
    • Asesorar e informar aos grupos e entidades deportivas do concello, así como ao público en xeral.
    • Colaborar nas programacións da Deputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuíto de carreiras populares...
    • Xestionar as subvencións correspondente á área de deportes, ben sexan as da Deputación ou as convocatorias propias do Concello de Ames de apoio ás asociacións deportivas e clubs.
    • Xestionar as instalacións deportivas municipais (pavillóns polideportivos, campos de fútbol e piscinas descubertas municipais).
  • Normativa:
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A nena amesá, Antía Lourido Villasenín, patinadora do club Ágora, participará os días 18 e 19 de outubro no Campionato de España de Patinaxe Artística. A rapaza de 11 anos desprazarase a Zaragoza, xunto coa súa adestradora, Carla Iglesias Del Salvador, e cos demais membros da Federación Galega, para representar a Galicia en dito campionato. Antía Lourido Villasenín acadou a clasificación  no Campionato Galego de Patinaxe Artística celebrado no pasado mes de xullo en Gondomar.

O Concello de Ames e o Club de Natación Cidade de Santiago organizan o próximo sábado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha travesía a nado composta de tres probas para un total de cinco categorías. A concelleira de Deportes, Susana Señorís, o concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, e David Lata, do Club de Natación Cidade de Santiago, compareceron esta mañá en rolda de prensa para presentar o evento, aberto aos nadadores federados e non federados. As inscricións, que teñen un custo de tres euros, pódense facer a través de emesports.es ou presencialmente o propio día da celebración da proba, na praia fluvial de Tapia, entre as 10:00 e as 10:45 horas.

O I Torneo Provincial de Xadrez de Xogade que se celebrou de maneira online contou coa participación de rapazada de Bertamiráns, que acadou uns moi bos resultados. Dividido entre as categorías sub 10 e sub 14, celebrouse unha única fase o sábado 18 de abril para a categoría sub 10. No caso da categoría sub 14 tamén se celebrou unha fase final o domingo 19, no que se enfrontaron de maneira directa os 4 primeiros clasificados da primeira fase.

O salón de actos do CEIP de Ventín acolle este domingo, 14 de xullo, a presentación do Campus da Real Federación Española de Fútbol que se desenvolverá no Concello de Ames entre o 14 e o 27 de xullo. Á presentación acudirán Joaquín de Ramos, responsable organizador dos campus da RFEF e Susana Señorís, concelleira de Deportes e Atención Veciñal de Ames, que estarán acompañados por  algúns membros do goberno municipal e o equipo técnico que impartirá as clases durante o campus. O acto comezará ás 17.30h, e nel explicarase o programa da actividade, e daráselle a benvida aos participantes da primeira quenda, que transcorrerá do 14 ao 20 de xullo.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu o pasado sábado, 29 de febreiro, a décimo cuarta Gala do Deporte do Concello de Ames. O evento homenaxeou ás máis destacadas e destacados deportistas do concello e entidades deportivas. A gala foi presentada polos xornalistas Lorena Pose e Diego Viaño e contou con diversas actuacións. Neste evento colaboraban a Deputación da Coruña, a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro. Podes ver máis imaxes sobre o evento premendo aquí.

Este venres, 5 de xuño, retomáronse as sesións de Xuntas de Goberno Local trala aprobación o día 1 de xuño dun decreto por parte de Alcaldía no que se deixaba sen efecto a avocación, durante a duración do estado de alarma, da totalidade das competencias delegadas pola Alcaldía na Xunta de Goberno Local. Nesta sesión aprobouse a acta da sesión do 13 de marzo, diversos expedientes urbanísticos, un expediente de contratación relativo á adxudicación do proxecto de renovación do terreo de xogo do campo municipal de fútbol de Bertamiráns, e maila aprobación do prezo público dos campamentos urbanos de natureza do Concello de Ames.

O Concello de Ames e maila Federación Galega de Atletismo organizan o segundo Trail e Andaina Ribeiras do Tambre o próximo domingo 23 de febreiro. A saída do trail terá lugar ás 10.00 horas dende Ponte Maceira, e posteriormente, ás 10.05 horas, será a saída da andaina. Para participar é necesario inscribirse en www.carreirasgalegas.com ou neste enlace antes do mércores 19 de febreiro ás 23:59 horas.

Deste este luns, 21 de setembro, está aberto o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas e culturais do Concello de Ames para o curso 2020-2021. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 27 de setembro. A xestión realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Non se admitirá ningún tipo de inscrición presencial. Este ano non se permite a renovación de praza. Todas as persoas que queiran participar nas actividades das Escolas deportivas e culturais terán que facer a preincrición. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 28 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 1 de outubro na páxina web do Concello de Ames. Ademais, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e nunha escola cultural. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade.

Comeza a conta atrás para a posta en marcha dunha nova edición do campamento “Verán sobre Rodas”. Durante a última semana de xuño e ao longo do mes de xullo, nenas e nenos de entre 4 e 16 anos de idade poderán gozar da práctica do patinaxe e o hóckey, así como doutras actividades e obradoiros. O campamento terá lugar, ao igual que na pasada edición, no CEIP Agro do Muíño en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres. A inscrición, que comeza este luns 29 de abril, poderá realizarse na tenda de deportes Amesport ou enviando a ficha de inscrición dispoñible baixo o apartado de descargas desta nova ao enderezo veransobrerodas@gmail.com.

Neste mes de xullo, de luns a venres, estanse a celebrar os cursos de natación tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. En total, están participando 50 rapazas e rapaces, 10 deles en Bertamiráns e 40 no Milladoiro. Agora, ábrese ata o 17 de xullo o prazo de inscrición nos cursos de natación de agosto, cuxo impreso de participación se encontra ao pé desta nova.

Eventos del departamento

Organizado polo Concello de Ames e maila Federación Galega de Atletismo, o horario de saída do trail será ás 10.00 horas dende Ponte Maceira. Minutos despois, ás 10.05 horas, procederase á saída da andaina. Ambos teñen como meta o real Aeroclub de Santiago (Ameixenda). Para participar é necesario inscribirse en www.carreirasgalegas.com ou en www.emesports.es antes do mércores 19 de febreiro ás 23:59 horas.

O torneo, organizado por Básquet Ames, terá lugar no Pavillón Municipal do Milladoiro. As idades comprendidas son: benxamín, alevín e infantil (tanto masculino, como feminino e mixto). Para inscribirse, enviar un correo a deportes@concellodeames.gal.

Torneo de Nadal de fútbol organizado polo Bertamiráns FC e Milladoiro SD. Desenvolverase nos campos de fútbol de Bertamiráns e do Milladoiro.

O obradoiro terá lugar no mesmo horario na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns e na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro.

Está destinado a un público adulto e require inscrición previa, enviando un correo a deportes@concellodeames.gal ou chamando ao 619 842 504.

Torneo de xadrez organizado polo departamento de Deportes do Concello de Ames que se levará a cabo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O Club Ciclista Os Esfola Arrós organiza para o domingo 8 de marzo un maratón mtb. Dará comezo ás 9.30 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Para inscribirte, podes premer neste enlace.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza a décimo cuarta edición da Gala do Deporte, que se celebrará este sábado, 29 de febreiro, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 20 de outubro a vixésima edición da carreira pedestre do Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns, tal como  se veu realizando nas dúas últimas edicións, unha vez que se decidiu trasladar a proba desde o entorno do Pazo da Peregrina ao centro do núcleo urbano para así facer mais partícipe á veciñanza.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.