Pestanas principais

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal do Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención ao público:
      • Inverno: (16 de setembro a 15 de xuño)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verán: (16 de xuño a 15 de setembro)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
Outros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funcións:
    • Reunir, organizar e pór a disposición da comunidade un conxunto equilibrado de materiais bibliográficos, gráficos, audiovisuais ou noutros soportes, que permitan o acceso á información e a afondar nos distintos campos do coñecemento.
    • Ser en si mesma o centro básico de información da área á que serve.
    • Promover, estimular e fomentar o uso dos seus fondos entre a cidadanía, mediante os servizos necesarios e as actividades educativas e culturais complementarias, incidindo na poboación infantil e xuvenil e nos colectivos de usuarios/as con características especiais.
    • Cooperar coas demais bibliotecas mediante o intercambio de información, préstamo interbibliotecario e realización conxunta de actividades.
  • Normativa:

-Regulamento da Biblioteca Municipal de Ames

  • Lei de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo da Biblioteca.

-Guía da Biblioteca.

-Inscrición na biblioteca.

  • Centros de interese:

-Descargar PDF.

  • Seccións por idades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Novas do departamento

O xurado do III premio Lingua e Empresa decidiu por unanimidade outorgar o premio a Código Cero, revista e web de novas tecnolóxicas de Galicia, e Ollar, centro óptico e auditivo.

Este mes de decembro retómase o programa “Encontros Literarios de Ames”, desta volta coa presentación de “A carón do lume”, a primeira obra da escritora Mónica Prego Franqueira. O encontro literario terá lugar o mércores, 18 de decembro, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e marca o inicio da edición 2024-2025 deste programa. A entrada será libre ata completar aforo.

Neste mes de outubro bota a andar unha nova edición do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames. Desta volta, o primeiro encontro será o vindeiro xoves, 9 de outubro, coa presentación das biografías de Castelao, do escritor e historiador Miguel Anxo Seixas. Este encontro está incluído dentro da programación do Concello de Ames pola celebración do Ano Castelao. Como vén sendo habitual, a presentación será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

Coincidindo co inicio de novembro bota a andar unha nova edición do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames, dependente da Concellaría de Cultura. Arrincan este xoves, 9 de novembro, coa presentación da obra “Pecados veniais” da xornalista e escritora amesá, Nazaret López. O acto estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. Será ás 19.30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A autora estará acompañada  de Xosé Antonio López Silva, profesor, ensaísta e critico literario. A ambientación musical correrá a cargo de Javier María López. Esta é a segunda obra escrita por Nazaret López, despois de publicar en 2019, a novela “Formigas nos pés”. A entrada será libre ata completar aforo.

Este vindeiro xoves, 23 de xaneiro, retómase a programación dos Encontros Literarios, desta volta coa presentación de “Runrún” de Ana Varela Miño. Como vén sendo habitual, o encontro será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas, e a entrada será libre ata completar aforo. Estará acompañada pola filóloga Elisa Nieves Barreiro (@delibrosalibres).

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames continúa coas sesións dos Encontros Literarios, desta volta coa presentación da obra “Libértate del miedo” de Carmen Mari Granados. A presentación terá lugar este xoves, 13 de marzo, ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina.

Como cada dous xoves, as Bibliotecas Municipais de Ames seguen co seu itinerario “Encontros Literarios en Ames”, nesta ocasión coa presentación do libro de Emma Pedreira “Os libros que hai en min”, que terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, este xoves 4 de novembro, ás 20:30 horas. A autora estará acompañada de Nazaret López, escritora e xornalista, e do editor David Cortizo, nun acto que presentará a concelleira de Cultura, Natividade González. Os encontros enmárcanse no Programa de Animación á Lectura das Bibliotecas Municipais de Ames, dirixido a público adulto. A entrada será libre ata completar aforo.

Este martes, 20 de febreiro, continúan as sesións de contacontos organizadas polo departamento municipal de Bibliotecas. Orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, estas propostas de animación á lectura estanse a desenvolver tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.

Xa están abertas as primeiras inscricións das actividades para a rapazada propostas polas bibliotecas de Ames neste vindeiro mes de decembro. As dúas propostas da programación de animación á lectura do último mes do ano son “Bruxas, xigantes e galiñas”, unha sesión de contacontos para nenas e nenos dos 3 aos 8 anos, e “Decora o teu Nadal”, un obradoiro de elaboración de adornos para a rapazada dende 3º ata 6º de primaria. Ambas actividades realizaranse por duplicado nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns, cos seus respectivos horarios.

Mañá, xoves 16 de febreiro, ás 20:00 horas, terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns un novo encontro literario, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. Desta volta, Martiño Santos Canosa e Xosé Gontá Sobrino presentarán a obra “A nación dos mil viños”, de Edicións Laiovento. A encargada de presentar o evento será a concelleira de Cultura, Natividade González. 

Eventos del departamento

“Vexo-vexo, que ves?” é a proposta de maio de narrativa oral das bibliotecas de Ames para as crianzas de 3 a 8 anos. A actividade contará con tres sesións de contacontos, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, sempre ás 17:30 horas. No Milladoiro a actividade desenvolverase os días 4, 5 e 6 de maio, mentres que en Bertamiráns terá lugar os días 18, 19 e 20.

“Historias que non son o que parecen” é  a proposta da animación á lectura infantil de marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 8, 9 e 10 de marzo, mentres que en Bertamiráns parará os días 22, 23 e 24, sempre a partir das 17:30 horas.

“1 ovelliña, 2 ovelliñas, 3 ovelliñas...” é a primeira proposta do ano de narrativa oral das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 8, 9 e 10 de febreiro, mentres que en Bertamiráns parará os días 22, 23 e 24, sempre a partir das 17:30 horas.

“Xogando cos contos” é unha das propostas de animación á lectura infantil de outubro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 4, 5 e 6 de outubro, mentres que en Bertamiráns parará os días 18, 19 e 20, sempre a partir das 17:30 horas.

A biblioteca do Milladoiro acolle o venres 14 de abril a representación da obra teatral "O valo", que tamén recalará o día 20 en Bertamiráns. "O valo" é unha proposta da compañía Os furabolos (Pablo Núñez e Carlos Labraña). O texto, do propio Carlos Labraña, conseguiu o IX Premio Manuel Murguía de Literatura Dramática Infantil. Será ás 17:30 horas. Está dirixido a público infantil a partir de oito anos. 

A biblioteca de Bertamiráns acolle o xoves 20 de abril a representación da obra teatral "O valo", que tamén recalará o día 14 no Milladoiro. "O valo" é unha proposta da compañía Os furabolos (Pablo Núñez e Carlos Labraña). O texto, do propio Carlos Labraña, conseguiu o IX Premio Manuel Murguía de Literatura Dramática Infantil. Será ás 17:30 horas. Está dirixido a público infantil a partir de oito anos. 

O departamento de Bibliotecas de Ames organiza, con motivo da celebración do Día do Libro, a representación da obra "As palabras perdidas", de Inventi Teatro, que terá lugar o sábado 22 ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, que son de balde, poden descargarse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

O programa Apego achega, o mércores 20 de setembro na biblioteca do Milladoiro, e o xoves 21 na de Bertamiráns, o espectáculo "Animais do bosque". Trátase dunha actuación de Trinke Trinke Teatro. Os Ratos de Lonxedetodo, cunha maleta cargada de contos e música, visitan as dúas vilas principais de Ames para achegar á cativada aos animais do bosque e aos libros dunha maneira atractiva e lúdica. 

Continúan no mes do libro as actividades de animación á lectura para a rapazada de 3º a 6º de primaria. Nesta ocasión, terá lugar un “escape room” literario, na que os nenos e nenas terán que abrir todos os cadeados agochados nas bibliotecas. Os talleres desenvolveranse no Milladoiro o venres 22 de abril, ás 17:30 horas, mentres que en Bertamiráns a sesión será o sábado 23 ás 11:30 horas.

Continúan no mes do libro as actividades de animación á lectura para a rapazada de 3º a 6º de primaria. Nesta ocasión, terá lugar un “escape room” literario, na que os nenos e nenas terán que abrir todos os cadeados agochados nas bibliotecas. Os talleres desenvolveranse no Milladoiro o venres 22 de abril, ás 17:30 horas, mentres que en Bertamiráns a sesión será o sábado 23 ás 11:30 horas.