Pestanas principais

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal do Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención ao público:
      • Inverno: (16 de setembro a 15 de xuño)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verán: (16 de xuño a 15 de setembro)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Reunir, organizar e pór a disposición da comunidade un conxunto equilibrado de materiais bibliográficos, gráficos, audiovisuais ou noutros soportes, que permitan o acceso á información e a afondar nos distintos campos do coñecemento.
    • Ser en si mesma o centro básico de información da área á que serve.
    • Promover, estimular e fomentar o uso dos seus fondos entre a cidadanía, mediante os servizos necesarios e as actividades educativas e culturais complementarias, incidindo na poboación infantil e xuvenil e nos colectivos de usuarios/as con características especiais.
    • Cooperar coas demais bibliotecas mediante o intercambio de información, préstamo interbibliotecario e realización conxunta de actividades.
  • Normativa:

-Regulamento da Biblioteca Municipal de Ames

  • Lei de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo da Biblioteca.

-Guía da Biblioteca.

-Inscrición na biblioteca.

  • Centros de interese:

-Descargar PDF.

  • Seccións por idades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Novas do departamento

Este xoves, 24 de outubro, terá lugar ás 17.30 horas na Biblioteca do Milladoiro a sesión de contacontos “Contos do dereito e do revés”. É unha das actividades que conforman o proxecto “Igual-son” que se leva a cabo nos concellos que desenvolven a Rede de Dinamización Lingüística. Trátase así dunha actividade que combina a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero. A actividade, que é de entrada libre, está destinada a nenos de 3 a 8 anos máis ás súas familias.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle este xoves, 5 de marzo, ás 20.30 horas, a presentación de “Homes de ferro” de Alfredo Conde. Unha novela publicada pola Editorial Ézaro que trata a peregrinación por mar dende Irlanda a Compostela. A obra forma parte do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta, co que se busca potenciar o patrimonio cultural vinculado ao Camiño de Santiago. A entrada ao evento é de balde ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames ten programadas dúas actividades para a conmemoración do Día de Rosalía. A primeira delas, un xardín poético no que están participando todas as persoas que o desexen cos seus versos a Rosalía en ambas as dúas bibliotecas. Mentres que a segunda, é un coloquio sobre a vixencia da obra de Rosalía na actualidade, da man de Dolores Vilavedra e Daniel Asorey, que terá lugar o xoves 27 de febreiro, ás 20.00 horas, na Biblioteca do Milladoiro.

Con motivo da celebración o próximo xoves 24 de outubro do Día da Biblioteca, o departamento municipal de Bibliotecas do Concello de Ames inicia unha programación especial con actividades que fomentan a lectura e o uso destas instalacións municipais. Haberá visitas guiadas polas bibliotecas, contacontos para os máis pequenos, premio a “superlectores/as” ou recomendacións de libros.

As bibliotecas municipais de Ames programan novas sesións de contacontos para os próximos meses. En total, levaranse a cabo nove contacontos ata o vindeiro mes de maio. Estes, serán por partida dobre, cunha sesión de cada conto en cada unha das bibliotecas municipais: Bertamiráns e O Milladoiro. Estas actividades comezan esta mesma semana: os días 5 e 6 de febreiro coa temática de Contos para rir.

As bibliotecas municipais de Ames continúan coa programación de actividades para este mes de outubro. Esta semana haberá dúas sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Así,  o mércores 16 na biblioteca de Bertamiráns, e o xoves 17 na biblioteca do Milladoiro, os nenos e nenas poderán desfrutar dos Contos que veñen e van, con historias tradicionais e actuais onde as voces e os xestos de Pavís Pavós son os elementos principais para transmitilas. A sesións comezarán ás 17:30 horas. Esta mesma semana tamén se desenvolverá o obradoiro creativo: Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames arranca o mes de marzo con novas actividades na súa programación, que abarcan todos os públicos. Esta semana desenvolveranse dúas sesións de contacontos conmemorando o Día Internacional da Muller en ambas as dúas bibliotecas, xunto coa presentación do novo libro de Alfredo Conde o xoves, 5 de marzo, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames ten programadas dúas sesións de contacontos nesta semana. “Nais; non hai dúas iguais” desenvolverase o próximo mércores 19 na Biblioteca do Milladoiro e o xoves 20 na de Bertamiráns, ambas ás 17.30 horas. Ademais, neste mes de febreiro tamén hai programados obradoiros para a conmemoración do Día de Rosalía e a festa de Entroido.

As bibliotecas de Ames xa contan coa programación de actividades para o último trimestre do ano. Esta semana comezan as mesmas coa celebración de dúas sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. A compañía Eduvía achegará ás biblitecas amesás o seu espectáculo Dadá el duende, co que os pequenos e pequenas da casa poderán gozar dos contos nos que se traballan valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo. Haberá unha sesión o mércores, 2 de outubro, na Biblioteca do Milladoiro, e outra o xoves, 3 de outubro, na Biblioteca de Bertamiráns. Ambas sesións comezarán ás 17:30 horas.

As irmáns Ángeles e Isabel Abelleira presentan este xoves 12 de decembro o seu libro “O latexo dunha aula infantil” na Casa da Cultura de Bertamiráns. No acto de presentación, que terá lugar ás 18.00 horas,  as irmáns estarán acompañadas do alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Educación, David Santomil, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro.

Eventos del departamento

Achégate ás bibliotecas a gravar un conto para emitir en Ames Radio na semana de Nadal. Das 11.00 ás 13.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas. A actividade estará dispoñible luns e martes na Biblioteca de Bertamiráns e mércores e xoves na Biblioteca do Milladoiro.

Obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º a 6º de primaria que se impartirá na Biblioteca de Bertamiráns ás 11.00 horas. O número de prazas é de 15 previa inscrición do 4 ao 18 de novembro, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, de maneira presencial na biblioteca ou a través do teléfono 881 884 829.

Contacontos destinado a todos os públicos que terá lugar na Biblioteca de Bertamiráns. A actividade forma parte de "Boomerang. Espectáculos artístico musicais dende a universidade á comunidade", recoñecido como proxecto e innovación educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) pola USC. Para inscribirse é necesario enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

A vixencia da obra e da persoa de Rosalía de Castro na actualidade, con Dolores Vilavedra e Daniel Asorey. A charla terá lugar na Biblioteca do Milladoiro, ás 20.00 horas.

Este venres, 18 de outubro, desenvólvese un obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º e 6º de Primaria na biblioteca do Milladoiro.

Este sábado, 19 de outubro, desenvólvese un obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º e 6º de Primaria na biblioteca de Bertamiráns.

Sesión de contacontos de balde na biblioteca do Milladoiro para nenos e nenas de 3 a 8 anos

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, as bibliotecas municipais de Ames organizan para os días 4 e 5 de marzo dúas sesións de contacontos. O día 4 será na Biblioteca de Bertamiráns, mentres que o día 5 desenvolverase na Biblioteca do Milladoiro. Ambas sesións son á mesma hora: 17.30 horas.

O departamento de Bibliotecas organiza para os días 13 e 14 de maio dúas sesións de contacontos. O día 13 desenvolverase na Biblioteca do Milladoiro e o día 14 na de Bertamiráns. Ambos días son á mesma hora.

O departamento de Bibliotecas organiza para os días 5 e 6 de febreiro dúas sesións de contacontos. O día 5 desenvolverase na Biblioteca de Bertamiráns e o día 6 na Biblioteca do Milladoiro. Ambos días son á mesma hora.