Actualidade

Ex., 18-10-2026
Ex., 18-10-2026
Luns, 28 de setembro de 2026
Comeza a programación de outono das bibliotecas municipais con Contos con miga, de Migallas, e Contos con xeito, de Bea Campos

Esta semana, os días 29 e 30 de setembro, comeza a programación das bibliotecas municipais para os meses de outono con Contos con miga, de Migallas, e Contos con xeito, de Bea Campos. Durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro haberá obradoiros e sesións de narrativa oral para os máis pequenos, que se desenvolverán tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. Ademais, o 24 de outubro con motivo do Día da Biblioteca, entregaráselle aos usuarios/as das bibliotecas municipais, marcapáxinas cos debuxos dos gañadores da 1º e 2º categoría do V Concurso de debuxo infantil do Día do Libro.

Venres, 18 de setembro de 2026
As bibliotecas de Ames presentan a súa programación para o último cuadrimestre do ano

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames vén de anunciar a súa programación para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro, e que ademais dos habituais obradoiros e sesións de narrativa oral para os máis pequenos, que se desenvolverán tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns, inclúe obradoiros creativos e lúdicos que están pensados para conmemorar e traballar aquelas datas sinaladas no calendario do libro e da lectura. A programación comezará os días 29 e 30 de setembro, con Contos con miga, de Migallas, e Contos con xeito, de Bea Campos. As ilustracións centrais do cartel xeral do curso 2026/2027 foron elaboradas por Marcela López Leal e Elvia Pérez Álvarez, gañadoras da terceira categoría do concurso de debuxo organizado polas bibliotecas con motivo do Día do Libro 2026.

Xoves, 26 de marzo de 2026
Ames presenta as actividades coas que se conmemorará o Mes do Libro

O Concello de Ames presentou esta mañá, a través do departamento de Bibliotecas municipais, a programación específica deste mes de abril para conmemorar o Mes do Libro. Durante este mes sucederanse contacontos, obradoiros, actividades do programa Apego, visitas escolares do alumnado da EEI do Milladoiro á biblioteca do Milladoiro, un concurso de debuxo infantil e a presentación do libro antolóxico cos textos premiados no XXII Certame literario. A maiores, organízase a V campaña Superlectores/as, que se vai desenvolver do 1 de abril ao 13 de outubro nas bibliotecas de Ames. Podes descargar a programación completa premendo na seguinte ligazón.

Mércores, 11 de febreiro de 2026
O Pazo da Peregrina acolle a presentación de María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo

O vindeiro 12 de febreiro o Pazo da Peregrina acolle, ás 20.00 horas, a presentación da obra María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo, da autora galega Aurora Marco. Un revelador ensaio onde expón a vida de loita e compromiso de María Vázquez Suárez. Na presentación tamén estará o editor da obra Henrique Alvarellos.

Luns, 09 de febreiro de 2026
Volven as sesións de contacontos ás bibliotecas municipais de Ames

As bibliotecas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro abren o ano con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás, así como demais actividades de fomento da lectura, entre as que se atopan un obradoiro para rapaces e rapazas de 3º de primaria en diante ou o xa tradicional Concurso de debuxo.

Martes, 03 de febreiro de 2026
O Pazo da Peregrina acolle unha unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de DES A MAR, ultrasónico

Este xoves, 5 de febreiro, o Pazo da Peregrina acolle, ás 20.00 horas, unha nova sesión dos Encontros literarios coa presentación da obra DES A MAR, ultrasónico, da autora galega Elba Pedrosa, quen gañou o Premio Aritmar á mellor poesía do ano 2025 por Que facer. Na presentación tamén estará o catedrático e ensaísta Xosé Antonio López Silva. 

Domingo, 25 de xaneiro de 2026
As bibliotecas municipais presentan a programación deste primeiro semestre de 2026

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, enmarcado dentro da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, vén de anunciar a programación de actividades que se levará a cabo nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns durante os primeiros seis meses do ano 2026, na que se inclúe as actividades de contacontos e uns obradoiros lúdicos para os máis cativos de Ames.

Luns, 15 de decembro de 2025
Nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación do libro “Las verdades incómodas de la transición energética”

O próximo xoves, 18 de decembro, o Pazo da Peregrina acolle ás 20.00 horas unha nova presentación dentro do marco dos Encontros Literarios, organizados polo departamento de Bibliotecas Municipais de Ames. Nesta ocasión será a quenda de “Las verdades incómodas de la transición energética”, de Manuel Casal Lodeiro. Durante a presentación tamén intervirá Rosa María Regueiro Ferreira, profesora de economía aplicada na USC. Coma sempre nestas sesións, a entrada será de balde ata completar aforo.

Luns, 01 de decembro de 2025
O Pazo da Peregrina acolle unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de “Las trampas de la pornografía: la sexualidad que deseamos”

Este xoves, 4 de decembro, ás 20.00 horas, o Pazo da Peregrina acolle unha nova sesión dos Encontros Literarios, organizados polo departamento de Bibliotecas Municipais de Ames, coa presentación da obra “Las trampas de la pornografía: la sexualidad que deseamos”, escrito polas autoras galegas Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira. Durante o acto tamén intervirá o profesor de filosofía, especialista en masculinidades, Xosé Cabido. Coma sempre, a entrada será libre ata completar aforo. 

Mércores, 19 de novembro de 2025
Chega unha nova sesión dos Encontros Literarios este xoves coa presentación de “As tres beiras” de Marta Estévez

No mes de novembro continúan as sesións do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames. Nesta ocasión, será a quenda de Marta Estévez, que estará a presentar a súa novela “As tres beiras” este xoves, 20 de novembro. A autora estará acompañada do editor César Lorenzo. Como vén sendo habitual, a presentación será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.