Pestanas principais

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal do Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención ao público:
      • Inverno: (16 de setembro a 15 de xuño)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verán: (16 de xuño a 15 de setembro)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
Outros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funcións:
    • Reunir, organizar e pór a disposición da comunidade un conxunto equilibrado de materiais bibliográficos, gráficos, audiovisuais ou noutros soportes, que permitan o acceso á información e a afondar nos distintos campos do coñecemento.
    • Ser en si mesma o centro básico de información da área á que serve.
    • Promover, estimular e fomentar o uso dos seus fondos entre a cidadanía, mediante os servizos necesarios e as actividades educativas e culturais complementarias, incidindo na poboación infantil e xuvenil e nos colectivos de usuarios/as con características especiais.
    • Cooperar coas demais bibliotecas mediante o intercambio de información, préstamo interbibliotecario e realización conxunta de actividades.
  • Normativa:

-Regulamento da Biblioteca Municipal de Ames

  • Lei de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo da Biblioteca.

-Guía da Biblioteca.

-Inscrición na biblioteca.

  • Centros de interese:

-Descargar PDF.

  • Seccións por idades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Novas do departamento

O programa de “Animación á lectura”, das Bibliotecas municipais de Ames, arranca o vindeiro venres, 2 de outubro, coas sesións de contacontos “Conto contiño”, que están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 8 anos. Cada neno/as poderá asistir acompañado por un só adulto. Durante os meses de outubro, novembro e decembro haberá 19 sesións de contos. Todas serán ás 17.30 horas. Tamén haberá obradoiros infantís para nenos e nenas de 8 a12 anos. Ademais, como principal novidade, durante o vindeiro trimestre organízase unha programación específica para adultos. Por mor da Covid-19 o aforo será limitado para poder manter a distancia de seguridade entre os/as usuarios/as. Ademais, adoptáranse as medidas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias.

O pazo da Peregrina acolle o xoves, 8 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación de “Non cantan paxaros neste bosque” do escritor e veciño de Ames, Carlos Negro. A obra, publicada pola editorial Xerais na colección de literatura xuvenil “Fora de xogo”, recolle nove contos que o propio autor cualifica como “relatos de medo”. Na presentación, Carlos estará acompañado pola concelleira de Cultura, Natividade González, o ensaísta, tradutor e crítico literario Xosé Antón López Silva e o director de Xerais, Fran Alonso. A entrada ao acto é gratuíta até completar o aforo que é limitado por mor da normativa de prevención da COVID19. O evento encádrase dentro da programación da Biblioteca Municipal de Ames.

O programa de “Animación á lectura” arranca mañá, venres 2 de outubro, coas sesións de Conto contiño, uns contacontos para nenos de entre 3 e 8 anos. Inaugúrase con “A Cinicleta na biblioteca” a cargo de Brais Moure. O encontro, que nun primeiro momento ía celebrarse na praza Chavián, trasládase á Casa da Cultura de Bertamiráns por mor da chuvia. A actividade comezará ás 17.30 horas.

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 8 de febreiro, coa presentación da novela “Un taxi verde e un concerto”,  de Tuco Cerviño. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Tamén asistirá o párroco de Ames, José María Ripoll. A entrada será libre ata completar aforo.

Este ano, pola crise sanitaria provocada polo coronavirus, a celebración do Día do Libro realízase na maior parte do mundo de maneira virtual e moitas bibliotecas buscaron a maneira de ofrecer servizos e realizar actividades de animación a través das redes sociais. Deste, xeito, a Biblioteca municipal de Ames desenvolverá ao longo desta semana contacontos, retos arredor dos libros para todas as idades, encrucillados, construción de historias… Os usuarios e as usuarias que desexen participar nestas actividades poderán seguir as publicacións e as pistas para os xogos sobre libros no Facebook coa etiqueta #BiblioRetos.

A Biblioteca de Ames segue a contribuir, nestes tempos de confinamento, a manter servizos e actividades de animación á lectura a través da súa páxina de Facebook. O próximo venres, 1 de maio, a partir das 12 horas, varios autores/as de Ames recitarán versos da súa autoría nun video recital que durará media hora. A proposta partiu do dinamizador cultural Diego Horschovski, director de Filosofía a Pé de Rúa e organizador de Poetry Slam Compostela, quen propuxo á Biblioteca de Ames a realización deste encontro poético con autoras e autores locais. Xunto a Diego Horschovski estarán Charo Pita, Rafa Vilar, Mariña Pérez Rei, Anna Figueiredo e Carlos Negro.

A biblioteca municipal de Bertamiráns acollerá este sábado, 20 de maio, a presentación da colección de libros inclusivos “Lemos +6”, da man da súa autora, Susana Peix. Trátase dun evento que se celebra con motivo do 35 aniversario de Cumio Editorial, e que conta coa colaboración da libraría amesá Lenda. Será ás 12:00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Este xoves, 24 de outubro, terá lugar ás 17.30 horas na Biblioteca do Milladoiro a sesión de contacontos “Contos do dereito e do revés”. É unha das actividades que conforman o proxecto “Igual-son” que se leva a cabo nos concellos que desenvolven a Rede de Dinamización Lingüística. Trátase así dunha actividade que combina a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero. A actividade, que é de entrada libre, está destinada a nenos de 3 a 8 anos máis ás súas familias.

40 nenos/as participaron no concurso “Debuxa a túa Rosalía”, organizado co gallo da celebración do aniversario de Rosalía de Castro desde as Bibliotecas de Ames. A implicación da cidadanía nesta iniciativa tradúcese asemade no elevado número de “Gústame” que recibiron os debuxos. Para  o mes de abril, a Biblioteca ten programado desenvolver outro concurso de debuxo, nesa ocasión a temática versará sobre o libro e a lectura.

O Día Internacional do Libro, o 23 de abril, foi instaurado pola Unesco en 1988 aproveitando as datas do pasamento de autores tan importantes como William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Esta data homenaxea os libros e os e as autoras  e fomenta o acceso á lectura para o maior número posíbel de persoas. Tal e como di a Unesco, o libro representa unha das mellores invencións para compartir ideas e encarna un instrumento eficaz para loitar contra a pobreza e construír a paz.

Eventos del departamento

As bibliotecas municipais amesás acollen no seu terceiro encontro literario do ano á escritora Ana Veiga, que presentará o seu primeiro libro “La sonrisa permite respirar al alma”. Será este xoves 3 de marzo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:30 horas. Acompañarán á autora Josefa F., amiga da escritora, e a pandeireteira María Fabiola, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González, e a concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo. O evento, con entrada libre ata completar aforo, é parte da programación do 8M do Concello de Ames.

Continúan en marzo os encontros literarios do Departamento de Bibliotecas, nesta ocasión con Inma López Silva e a súa novela “O libro da filla”, Premio da Asociación de Críticos Literarios 2020. A presentación terá lugar o mércores 16 de marzo, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A autora será presentada polo profesor, autor e crítico literario Xosé Antón López Silva, e acompañada pola concelleira de Cultura, Natividade González. O evento, con entrada libre ata completar aforo, é parte da programación do 8M do Concello de Ames.

As bibliotecas amesás continúan cos actos polo 8M coa celebración do seu cuarto encontro literario do ano. Neste caso, terá lugar a presentación da revista MujerArt Magazine. Será o sábado 12 de marzo, ás 13:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Presentarán o acto Petronila Daza e Bea López Jerez, cunha “performance” a cargo das artistas multidisciplinares Natalia Horschovski, Celia Pía e Paula Quintas. Acompañan a concelleira de Cultura, Natividade González, e a concelleira de Igualdade, Luisa Feijóo. O evento, con entrada libre ata completar aforo, é parte da programación do 8M do Concello de Ames.

Os departamentos de Bibliotecas e de Normalización Lingüística amesáns preparan, co gallo da celebración do Día do Libro este sábado 23 de abril, unha serie de propostas ao longo de todo o día no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ao mediodía, ás 12:00 horas, presentarase a compilación dos textos gañadores da edición de 2021 do Certame Literario de Ames. Xa pola tarde, o pazo acollerá dúas sesións de contacontos para público infantil, de 17:30 a 19:30 horas, e outra para as persoas adultas, a partir das 19:30 horas, con servizo de conciliación incluído. Ademais, será o último día para participar no sorteo de 800 euros en vales para catro librarías amesás.

O programa “Animación á lectura” organiza unha serie de actividades dirixidas tamén a adultos. Hoxe, xoves 15 de outubro, o Ministerio de Cultura, a través da Libraría Lenda, e co apoio do Concello de Ames e da Biblioteca Municipal, trae a AMes o programa "Afinidades electivas", un encontro literario entre as autoras Charo Pita e Ana Cristina Herreros. O encontro terá lugar no Pazo da Peregrina ás 20.00 horas. Non se precisa inscrición previa.

O evento retransmitirase vía zoom.

O id da reunión é: 824 8807 8782, e o código: Ames.

 

O departamento de Bibliotecas pón en marcha a actividade "A miña historia", un contacontos para achegarse á escritora Rosalía de Castro con motivo do Día de Rosalía. Celebrarase o día 24 de febreiro, ás 17:30 horas, na biblioteca municipal do Milladoiro. Está pensado para nenos e nenas a partir de 6 anos. 

O mércores 7 de xuño, ás 17:30 horas, celebrarase unha nova sesión de contacontos organizada polo departamento de bibliotecas de Ames. Trátase dunha sesión en inglés, dirixida ás crianzas a partir de tres anos, e que correrá a cargo de Shaila Varela e Daniel Gómez Varela. 

Achégate ás bibliotecas a gravar un conto para emitir en Ames Radio na semana de Nadal. Das 11.00 ás 13.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas. A actividade estará dispoñible luns e martes na Biblioteca de Bertamiráns e mércores e xoves na Biblioteca do Milladoiro.

O mércores, 26 de abril, a escritora Margarita Murillo protagonizará un coloquio co club de lectura do Milladoiro para falar do seu libro "Las buenas maneras en el amor". Será ás 21:00 horas, na biblioteca do Milladoiro. O evento será aberto para todos os públicos e a entrada é de balde. Non se precisa inscrición previa. 

O departamento de bibliotecas do Concello de Ames organiza, con motivo da celebración do Día do Libro, unha serie de obradoiros infantís para os máis cativos e cativas da casa. Terán lugar o sábado 22, ás 16:00 horas, no vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns. A entrada é libre.