Pestanas principais

> Trinke Trinke Teatro: Animais do bosque

mércores, 20 Setembro, 2023 a xoves, 21 Setembro, 2023
Ás 17:30 horas

O programa Apego achega, o mércores 20 de setembro na biblioteca do Milladoiro, e o xoves 21 na de Bertamiráns, o espectáculo "Animais do bosque". Trátase dunha actuación de Trinke Trinke Teatro. Os Ratos de Lonxedetodo, cunha maleta cargada de contos e música, visitan as dúas vilas principais de Ames para achegar á cativada aos animais do bosque e aos libros dunha maneira atractiva e lúdica. 

A actividade diríxese a nenos e nenas a partir de 3 anos e é de balde. Non é precisa inscrición previa.