Pestanas principais

> Sesións de contos no Milladoiro

mércores, 4 Maio, 2022 a venres, 6 Maio, 2022
ás 17:30 horas

“Vexo-vexo, que ves?” é a proposta de maio de narrativa oral das bibliotecas de Ames para as crianzas de 3 a 8 anos. A actividade contará con tres sesións de contacontos, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, sempre ás 17:30 horas. No Milladoiro a actividade desenvolverase os días 4, 5 e 6 de maio, mentres que en Bertamiráns terá lugar os días 18, 19 e 20.

O prazo de inscrición para as sesións na biblioteca do Milladoiro estará aberto dende o luns 25 ata o sábado 30 de abril, chamando ao 981 53 08 07 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.