Pestanas principais

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal do Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención ao público:
      • Inverno: (16 de setembro a 15 de xuño)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verán: (16 de xuño a 15 de setembro)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
Outros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funcións:
    • Reunir, organizar e pór a disposición da comunidade un conxunto equilibrado de materiais bibliográficos, gráficos, audiovisuais ou noutros soportes, que permitan o acceso á información e a afondar nos distintos campos do coñecemento.
    • Ser en si mesma o centro básico de información da área á que serve.
    • Promover, estimular e fomentar o uso dos seus fondos entre a cidadanía, mediante os servizos necesarios e as actividades educativas e culturais complementarias, incidindo na poboación infantil e xuvenil e nos colectivos de usuarios/as con características especiais.
    • Cooperar coas demais bibliotecas mediante o intercambio de información, préstamo interbibliotecario e realización conxunta de actividades.
  • Normativa:

-Regulamento da Biblioteca Municipal de Ames

  • Lei de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo da Biblioteca.

-Guía da Biblioteca.

-Inscrición na biblioteca.

  • Centros de interese:

-Descargar PDF.

  • Seccións por idades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Novas do departamento

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames vén de anunciar a súa programación infantil para os meses de outubro, novembro e decembro, cunha serie de seis obradoiros e sesións de narrativa oral que terán lugar tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. O prazo para inscribirse en “Xogando cos contos”, unha sesión de contacontos dirixida a nenas e nenos dos 3 aos 8 anos, xa está aberto dende hoxe 26 de setembro.

As bibliotecas municipais do Concello organizaron unha serie de actividades especiais por mor do Día das Bibliotecas, que se celebra o vindeiro sábado 24 de outubro. Na nova programación haberá contacontos infantís e obradoiros creativos para que os máis pequenos creen contos. Ademais, os adultos poderán acudir á sesión de contacontos “Pequenas historias subversivas”, a cargo de Dani Blanco.

Xa están abertas as inscricións das tres propostas para a rapazada do Departamento de Bibliotecas amesán para este mes de marzo. A sesión de contacontos para crianzas de 3 a 8 anos “Historias que non son o que parecen”, actividades polo Día da Poesía e un obradoiro de banda deseñada, dirixido á rapazada da ESO e de 3º a 6º de primaria, son as tres actividades deste mes. Todas realizaranse por duplicado nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns, cos seus respectivos horarios.

O departamento de bibliotecas de Ames propón dúas sesións de teatro para o mes de abril. A obra “O valo” será representada o venres 14 na biblioteca do Milladoiro, e o xoves 20 na de Bertamiráns. Trátase dun espectáculo infantil baseado no texto homónimo de Carlos Labraña, que gañou o IX Premio Manuel María de Literatura dramática infantil. A entrada é libre ata completar aforo. 

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, presentou cinco novas propostas de animación á lectura entre o público infantil para o primeiro semestre deste ano 2023. Trátase de sesións de contacontos, que, como habitualmente, terán lugar tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro, e que están enfocadas á cativada de entre 3 e 8 anos. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas a partir de 3º de primaria. Levarase a cabo tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. As familias que desexen participar poderán inscribirse ata o 30 de abril escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829. Este obradoiro está enmarcado dentro de Ler conta moito, o programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames ten programadas dúas actividades para a conmemoración do Día de Rosalía. A primeira delas, un xardín poético no que están participando todas as persoas que o desexen cos seus versos a Rosalía en ambas as dúas bibliotecas. Mentres que a segunda, é un coloquio sobre a vixencia da obra de Rosalía na actualidade, da man de Dolores Vilavedra e Daniel Asorey, que terá lugar o xoves 27 de febreiro, ás 20.00 horas, na Biblioteca do Milladoiro.

Con motivo da celebración o próximo xoves 24 de outubro do Día da Biblioteca, o departamento municipal de Bibliotecas do Concello de Ames inicia unha programación especial con actividades que fomentan a lectura e o uso destas instalacións municipais. Haberá visitas guiadas polas bibliotecas, contacontos para os máis pequenos, premio a “superlectores/as” ou recomendacións de libros.

As bibliotecas municipais, que permanecerán pechadas ao público ata o 17 de febreiro, seguen a organizar unha serie de sesións de contacontos infantís na rede todos os mércores. Baixo o título de “Dixicontos”, os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de Facebook da biblioteca. Este mércores, 10 de febreiro, pódese ver o conto: A xoaniña rosmona. Ademais, dende este martes 9 de febreiro as animadoras á lectura comezarán a festexar o Entroido propoñendo recursos, información, xogos, pasatempos, cancións... baixo a etiqueta #entroidoteca2021.

As bibliotecas municipais seguen a organizar unha serie de sesións de contacontos infantís na rede todos os mércores. Baixo o título de “Dixicontos”, os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de Facebook da biblioteca. Este mércores, 5 de maio, pódese ver o conto “Coco y la luna “, de Emilio Urberuaga.

Eventos del departamento

As bibliotecas amesás dedican en maio as actividades de animación á lectura para a rapazada de 3º a 6º de primaria á celebración do Día das Letras Galegas. Neste senso, organizan un obradoiro de imprenta no que se elaborará un “fanzine” sobre o escritor homenaxeado en 2022, Florencio Delgado Gurriarán. Os talleres terán lugar no Milladoiro o venres 20 de maio, ás 17:30 horas, mentres que en Bertamiráns a sesión será o sábado 21, ás 11:30 horas.

“As cousas pequenas contan” é unha das propostas de animación á lectura infantil de outubro das bibliotecas de Ames. O taller, dirixido á rapazada de 3º a 6º de primaria, terá lugar o venres 21 de outubro ás 17:30 horas, no Milladoiro, e o sábado 22, ás 11:30 horas, en Bertamiráns.

Co gallo da celebración do Día da Poesía o 21 de marzo, as bibliotecas organizan “Convértete en artista!”, un obradoiro de creación de poemas e estampado nunha bolsa para libros, dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria. A actividade terá lugar en Bertamiráns o sábado 19, ás 11:30 horas.

Co gallo da celebración do Día da Poesía o 21 de marzo, as bibliotecas organizan “Convértete en artista!”, un obradoiro de creación de poemas e estampado nunha bolsa para libros, dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria. A actividade terá lugar o no Milladoiro o venres 18, ás 17:30 horas.

“Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca” é unha das propostas de animación á lectura infantil de novembro das bibliotecas de Ames. O taller, dirixido á rapazada de 3º a 6º de primaria, terá lugar o venres 11 de novembro ás 17:30 horas, no Milladoiro, e o sábado 12, ás 11:30 horas, en Bertamiráns.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro para a rapazada a partir de 3º de Primaria, "Despega a túa imaxinación". Celebrarase na biblioteca do Milladoiro o venres 20 de outubro, ás 17:30 horas, e na biblioteca de Bertamiráns o sábado 21, ás 11:30 horas. As inscricións están abertas dende o 9 ata o 18 de outubro, chamando aos números 981 53 08 07 / 981 88 48 29 ou escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro para a rapazada a partir de 3º de Primaria, "Unha aventura na biblioteca". Celebrarase na biblioteca do Milladoiro o venres 22 de setembro, ás 17:30 horas, e na biblioteca de Bertamiráns o sábado 23, ás 11:30 horas. As inscricións están abertas dende o 11 ata o 20 de setembro, chamando aos números 981 53 08 07 / 981 88 48 29 ou escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal

O xoves 23 de febreiro terá lugar unha nova actividade con motivo da celebración do Día de Rosalía. A partir das 10.30 horas terá lugar na biblioteca municipal do Milladoiro un obradoiro con Arcea-Adames, que xirará arredor da figura da escritora. As persoas usuarias da asociación acudirán para encher un dos murais que se instalará con flores nas que figuren distintos versos da escritora. Posteriormente, realizaranse manualidades co obxectivo de afondar máis sobre a figura e a obra de Rosalía.

O sábado, día 20 de maio, a biblioteca de Bertamiráns acollerá a presentación da colección de libros inclusivos "Lemos +6", que estará presentada pola súa escritora, Susana Peix. Será ás 12:00 horas. Trátase dun evento que se celebra con motivo do 35 aniversario de Cumio Editorial, e que conta coa colaboración da librará amesá Lenda. A entrada é libre e de balde ata completar aforo. 

As bibliotecas amesás celebran neste mes de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tres presentacións de libros na nosa lingua. O primeiro deles será “As casualidades necesarias”, da escritora cambadesa Amelia Xesteira Cova, falecida recentemente. O seu amigo e escritor Daniel Pino presentará a terceira edición desta novela, que inclúe un limiar de Pino coma homenaxe á escritora Será este mércores 4 de maio no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Acompañarán a Daniel Pino o profesor e investigador Luís Cochón e o xornalista Perfecto Conde, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.