Pestanas principais

> Contacontos "A miña historia", por Trémola Teatro

Venres, 24 febreiro, 2023
Ás 17:30 horas

O departamento de Bibliotecas pón en marcha a actividade "A miña historia", un contacontos para achegarse á escritora Rosalía de Castro con motivo do Día de Rosalía. Celebrarase o día 24 de febreiro, ás 17:30 horas, na biblioteca municipal do Milladoiro. Está pensado para nenos e nenas a partir de 6 anos. 

"A miña historia", de Trémola Teatro, narra a historia de Andrea, unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. As crianzas deberán axudala a que todo o mundo se lembre dela.