Pestanas principais

> Charo Pita e Ana Cristina Herreros no Pazo da Peregrina

Xoves, 15 outubro, 2020
Ás 20.00 horas.

O programa “Animación á lectura” organiza unha serie de actividades dirixidas tamén a adultos. Hoxe, xoves 15 de outubro, o Ministerio de Cultura, a través da Libraría Lenda, e co apoio do Concello de Ames e da Biblioteca Municipal, trae a AMes o programa "Afinidades electivas", un encontro literario entre as autoras Charo Pita e Ana Cristina Herreros. O encontro terá lugar no Pazo da Peregrina ás 20.00 horas. Non se precisa inscrición previa.

O evento retransmitirase vía zoom.

O id da reunión é: 824 8807 8782, e o código: Ames.

 

O Concello de Ames presentou a nova programación da iniciativa "Animación á lectura" para o último trimestre. Nela ofértanse diferntes actividades dirixidas para adultos.

Hoxe, xoves 15 de outubro, celebrarase un encontro literario entras as autoras Charo Pita e Ana Cristina Herreros. Esta actividade, chamada "As afinidades lectivas", está organizada librería Lenda en colobarión coa Biblioteca Municipal. A veciñanza de Ames poderá achegarse ao evento ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina. 

Neste caso non se precisa inscrición previa. O aforo é de 36 prazas que se irán cubrindo segundo se chegue.

Para máis información sobre esta e outras actividades do programa, chamar aos números 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns) ou ao 981 530 807 (biblioteca do Milladoiro). Tamén se atenderá vía mail a través do enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

A programación continuará durante o mes de decembro.