Pestanas principais

Aula de Informática do Milladoiro

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesía do Porto s/n. 15895. O Milladoiro
    • Teléfono: 981 535 940
    • Horario de atención ao público:
    • Aula de informática do Milladoiro:
      • De luns a xoves de 16:00 a 20:00 os venres de 9:30 a 13:30.
      • No verán o horario da Aula de informática do Milladoiro é de 10:00 a 13:00
    • Responsable municipal:  Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación
    • Responsable técnico: Almudena Caamaño Rodríguez, animadora sociocultural
Outros Datos: 

Novas do departamento

O pasado venres, 9 de xuño, a Casa da Cultura do Milladoiro acolleu un obradoiro de electrónica e programación de robots, organizado pola aula AMTIC. O taller estivo composto por dúas prácticas de programación electrónica dunha hora e media de duración cada unha, para dous grupos de idade (de 8 a 10 e de 11 a 14 anos). Ademais, ofreceuse unha charla sobre a materia, e habilitouse un espazo de exposición de robots autónomos. Nun comezo ofertáronse ocos para 24 persoas, pero a gran demanda de participación obrigou a ampliar o número de prazas. Finalmente foron partícipes da xornada un total de 43 rapaces e rapazas.

O pasado 18 de decembro rematou o obradoiro de programación de videoxogos e electrónica, organizado pola Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC). A actividade tivo unha grande acollida, pois nos primeiros días de inscrición cubríronse todas as prazas ofertadas.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC) organizou un programa de novos cursos de informática para o desenvolvemento dixital no medio rural, que se impartiron dende o pasado mes de outubro nos locais sociais de Agrón, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. A formación, que foi de balde, incluíu 25 horas de clases prácticas, que se desenvolveron en clases de dúas horas, un día á semana. Un total de 80 persoas participaron en ditos cursos. Unha vez rematado os cursos, as persoas participantes recibiron os diplomas que acreditan o correcto aproveitamento de dita formación.

Tras abrir as súas portas o pasado martes, a Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, comeza o seu programa de actividades para maio e xuño co coloquio “Neurohacking: a pandemia invisible”, unha proposta sobre ciberseguridade na que coñecer os riscos derivados do uso diario de Internet. Será este xoves 5 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro, de 18:00 a 19:00 horas. A charla estará conducida polo experto Nacho Álvarez, formado en Investigación Privada e Criminoloxía e con experiencia na Secretaría do Estado de Seguridade ou en Telefónica. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza para os meses de outubro e novembro dous obradoiros de mecanografía: un dirixido a persoas de máis de 13 anos e outro para rapaces e rapaza de 8 a 12 anos. Ofértanse 24 prazas (12 para cada quenda). As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos programas poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un curso básico de informática para a adaptación dixital. Será a partir do 11 de marzo, os luns e os mércores en horario de 10:00 a 12:00 horas. Para esta actividade ofrécense un total de 12 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

O venres 9 de xuño terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro un obradoiro de electrónica e programación de robots, organizado pola aula AMTIC. O taller estará composto por dúas prácticas de programación electrónica dunha hora e media de duración cada unha, para dous grupos de idade (de 8 a 10 e de 11 a 14 anos). Ademais, ofrecerase unha charla sobre a materia, e habilitarase un espazo de exposición de robots autónomos e unha impresora 3D. A inscrición pode facerse de maneira presencial nas instalacións da aula AMTIC ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando esta ficha.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un obradoiro de programación de videoxogos e electrónica con Arduino. Haberá dúas quendas: a primeira para nenos e nenas de 8 a 10 anos, os días 27 de novembro e 4 de decembro; e outra para rapaces e rapazas de 11 a 14 anos os días 11 e 18 de decembro. En ambas quendas ofrécense 24 prazas e as actividades impartiranse en horario de 18.00 a 19.30 horas. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos programas poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de xullo enfocada no tempo libre de menores e adultos. Durante o sétimo mes do ano a oferta formativa da aula constará dun total de oito cursos de temática variada, nos que os e as participantes poderán achegarse á mecanografía, programación con Scratch ou mesmo manexar algunhas das apps para smartphone máis coñecidas. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT, achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar nalgunha das xornadas do programa de informática da Aula Municipal do Milladoiro nos meses de xaneiro a marzo. Nestes meses, desenvolverase unha sesión de iniciación ao procesador de textos, descubrir o entroido na rede e un obradoiro de mecanografía. As inscricións están abertas ata cubrir prazas.

Eventos del departamento

Tras abrir as súas portas o pasado martes, a Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, comeza o seu programa de actividades para maio e xuño co coloquio “Neurohacking: a pandemia invisible”, unha proposta sobre ciberseguridade na que coñecer os riscos derivados do uso diario de Internet. Será este xoves 5 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro, de 18:00 a 19:00 horas. A charla estará conducida polo experto Nacho Álvarez, formado en Investigación Privada e Criminoloxía e con experiencia na Secretaría do Estado de Seguridade ou en Telefónica. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

O venres 9 de xuño terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro un obradoiro de electrónica e programación de robots, organizado pola aula AMTIC. O taller estará composto por dúas prácticas de programación electrónica dunha hora e media de duración cada unha, para dous grupos de idade (de 8 a 10 e de 11 a 14 anos). Ademais, ofrecerase unha charla sobre a materia, e habilitarase un espazo de exposición de robots autónomos e unha impresora 3D. A inscrición pode facerse de maneira presencial nas instalacións da aula AMTIC ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando esta ficha ou de xeito presencial, acudindo ás instalacións da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC)

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza unha xornada de ciberseguridade para este xoves, 17 de novembro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada é de balde ata completar aforo. Ademais, clausúranse os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaráselle os diplomas de asistencia a estes cursos, aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes cursos que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o mércores 11 de xaneiro, ás 17:30 horas, unha nova charla sobre ciberseguridade e fraudes nas redes. Nesta ocasión, ademais, clausuraranse os cursos do segundo módulo de alfabetización dixital nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada, Covas e Ortoño. Deste xeito, entregaráselle un diploma a arredor de medio cento de veciños que asistiron a estas clases.

O obradoiro terá lugar na Aula de Informática do Milladoiro, situada na Casa da Cultura do Milladoiro. Está destinado a nenos e nenas de entre 9 a 12 anos.

Require inscrición previa enviando un correo a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.