Actualidade

Ex., 21-10-2026
Ex., 21-10-2026
Luns, 07 de setembro de 2026
Ames organiza obradoiros, conferencias e un espazo aberto para celebrar o Día da tecnoloxía 2026

O Concello de Ames, a través da aula AMTIC, organiza ao longo da xornada deste luns, 7 de setembro, unha xornada chea de actividades para celebrar o Día da tecnoloxía. Deste xeito, desde as 9.00h e ata as 19.00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle obradoiros, conferencias e un espazo aberto para todos os públicos. Trátase dunha xornada de divulgación tecnolóxica, aprendizaxe e diversión. Pola tarde, celebrarase unha carreira virtual de coches. O gañador levará de premio un volante T80 Ferrari 488 GTB Edition, para poder utilizar cos xogos de condución que admiten mandos e volantes nas súas respectivas plataformas.

Domingo, 06 de setembro de 2026
A aula AMTIC oferta novos cursos entre os meses de setembro e novembro

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a aula AMTIC, organiza para os meses de setembro, outubro e novembro dúas actividades para persoas adultas e outras dúas para nenos e nenas, co obxectivo de formar á veciñanza en cuestións de índole informática e dixital. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.

Sábado, 29 de agosto de 2026
O Día da Tecnoloxía celebrarase en Ames cunha xornada de obradoiros, conferencias e espazo aberto

O Concello de Ames, a través da aula AMTIC, organiza a xornada Día da Tecnoloxía do vindeiro 7 de setembro na que se sucederán obradoiros, conferencias e un espazo aberto para todos os públicos na Casa da Cultura do Milladoiro en horario de 9.00 a 19.00 horas. Pola tarde, celebrarase unha carreira virtual de coches. Trátase dunha xornada de divulgación tecnolóxica, aprendizaxe e diversión. Para participar nos obradoiros será preciso inscribirse na dirección de correo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com.

Venres, 12 de xuño de 2026
A Aula AMTIC oferta novos cursos infantís e xuvenís para os meses de xuño e xullo

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación, a Aula AMTIC, organiza para estes meses de xuño e xullo tres novos cursos para público infantil e xuvenil arredor das artes dixitais. Para poder participar é preciso enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poderán facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.

Venres, 10 de abril de 2026
A Aula AMTIC oferta novos cursos de competencias dixitais no rural

A Aula AMTIC ten programado para estes meses de maio e xuño un curso de competencias dixitais para a vida cotiá nas parroquias de Trasmonte, Agrón, Ortoño, Augapesada e Covas. O curso ten unha duración total de 25 horas, e nel abordaranse cuestións como a xestión dixital, a creación de contidos dixitais ou o uso da intelixencia artificial. As inscricións pódense realizar enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 698 172 347.

Mércores, 18 de marzo de 2026
A aula AMTIC oferta novos cursos entre os meses de abril e xuño

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a aula AMTIC, organiza para os meses de abril, maio e xuño dúas actividades para persoas adultas e outras dúas para nenos e nenas, co obxectivo de formar á veciñanza en cuestións de índole informática e dixital. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.

Martes, 24 de febreiro de 2026
A Aula AMTIC oferta novos cursos de competencias dixitais no rural

A Aula AMTIC ten programado para estes meses de marzo e abril un curso de competencias dixitais para a vida cotiá nas parroquias de Biduído, Tapia, Bugallido e Ameixenda. O curso ten unha duración total de 25 horas, e nel abordaranse cuestións como a xestión dixital, a creación de contidos dixitais ou o uso da intelixencia artificial. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347. 

Xoves, 25 de decembro de 2025
A aula AMTIC organiza novos cursos de formación para o primeiro trimestre do 2026

A aula AMTIC do Concello de Ames vén de anunciar a convocatoria de catro novos cursos de formación para persoas adultas, así como outros catro para nenos e nenas, para os meses de xaneiro, febreiro e marzo do vindeiro 2026. Competencias dixitais básicas, Creación de web con WordPress, Iniciación ao correo electrónico e Uso básico de Internet serán os obradoiros destinados a usuarios e usuarias adultas, mentres que Iniciación á Informática, Scratch (Intermedio), Mecanografía para nen@s e Programación con placa Micro:bit estarán orientados aos cativos e cativas. Os cursos son gratuítos e as inscricións deberán facerse en informatica.milladoiro@gmail.com mediante o seguinte formulario ou ben no 698 172 347.

Xoves, 11 de decembro de 2025
A Aula AMTIC organiza tres novos cursos para este mes de decembro

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para este mes de decembro tres novos cursos, un para adultos e outros dous para os máis cativos, que comezarán a partir do día 17 e ata o final do ano. Dadas as datas, a temática destes obradoiros será de Nadal. As persoas interesadas en realizar calquera dos cursos, deben facer a súa inscrición chamando a través do número de teléfono 698 172 347, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

Domingo, 02 de novembro de 2025
Participa nos cursos para adultos que organiza a Aula Amtic neste mes de novembro

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para este mes de novembro dous cursos formativos dirixidos para persoas adultas. Os contidos destes dous cursos son, por unha banda, como realizar compras seguras a través de internet, e, por outra, reforzar as competencias dixitais cun curso de informática nivel medio. As persoas interesadas en realizar calquera dos cursos, deben facer a súa inscrición chamando a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.