Actualidade

Ex., 02-08-2026
Ex., 02-08-2026
Xoves, 29 de novembro de 2018

[29-11-2018] A campaña Ames en Negro volveu a exercer, por terceiro ano consecutivo, do altofalante a través do que a veciñanza amesá mostrou a súa repulsa contra a violencia de xénero. Co obxectivo de visibilizar o rexeitamento da cidadanía e os diversos sectores do concello ás violencias machistas e concienciar sobre o problema que supoñen para a sociedade, a concellaría de Servizos Sociais e Igualdade organizou unha serie de actividades e eventos para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Nesta campaña encadráronse actividades como as xornadas Acércate de Igualdade, a presentación dos Puntos de Igualdade ou os obradoiro de Bo Trato nos IES.

Xoves, 29 de novembro de 2018

[29-11-2018] Daniel Rilo, condutor do programa Tangos de la Esquina Sur, incluído na convocatoria de Radio Cidadá de Ames Radio, organiza o espectáculo Apalabrando tangos, este sábado, 1 de decembro, na sala de exposicións do Pazo da Peregrina. O evento, que contará con música en directo, consistirá nun percorrido contextualizado ao longo da tarde por diversos tangos e a súa execución. A entrada será libre e gratuíta.

Xoves, 29 de novembro de 2018

[29-11-2018] O Teatro Rosalía da Coruña foi onte escenario para a entrega do premio correspondente ao Certame Manuel María de proxectos teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 23 concellos e 3 deputacións, en concreto: A Coruña, Ames, Barbadás, Betanzos, Brión, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Carral, Cedeira, Culleredo, Malpica, Monforte, Muros, Neda, Oleiros, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Verín, Vimianzo e as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra. O concelleiro de Cultura e Educación do Concello de Ames, David Santomil, asistiu a dito acto.

Xoves, 29 de novembro de 2018

[29-11-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de frauta para a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Xoves, 29 de novembro de 2018

[29-11-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de saxofón para a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Mércores, 28 de novembro de 2018

[28-11-2018] Esta mañá tivo lugar no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela, o acto de sinatura do convenio de colaboración entre os Concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago de Compostela, para a delimitación do itinerario cultural a Santiago da Ría de Muros-Noia. En representación do Concello de Ames asistiron o alcalde, Jose Miñones, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Isabel González, e maila técnica municipal de Turismo, Sonia Moure. Considerase que dita proposta conta cunha base histórica sólida para iniciar con éxito o expediente para o seu recoñecemento como Camiño de Santiago.

Mércores, 28 de novembro de 2018

[28-11-2018] As empresas con sede social ou centro de actividade no concello de Ames que empreguen o galego na súa actividade empresarial poderán ser recoñecidas co Premio Lingua e Empresa. Optarán a este recoñecemento, impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística e o departamento de Promoción Económica de Ames, todas as empresas que sexan propostas ata o 30 de novembro por calquera persoa, entidade ou a propia empresa. O gañador do premio, dotado de 2.500 euros e unha campaña de difusión na Radio Municipal de Ames, farase público entre o 15 e o 20 de decembro.

Mércores, 28 de novembro de 2018

[28-11-2018] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista provisional de solicitudes admitidas no programa Nadal Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista, que tamén pode ser consultada nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.

Mércores, 28 de novembro de 2018

[28-11-2018] O Concello Ames iniciou un plan de cardioprotección coa instalación de 4 desfibriladores que se sumarán ao existente e que tiña Protección Civil. Os dispositivos están situados en instalacións deportivas, como o campo de fútbol do Milladoiro e de Bertamiráns, nos pavillóns polideportivos e Casa de Cultura do Milladoiro. O cuarto desfibrilador estará a disposición da Policía Local, para poder acudir ante unha parada cardíaca de forma móbil. Coa instalación do desfibrilador DOC, o proceso de atención ante unha parada cardíaca axilízase, xa que o propio desfibrilador incorpora un dispositivo conectado 24 horas con telecontrol, tee-asistencia, chamada preferente ao 112 e xeolocalización.

Mércores, 28 de novembro de 2018

[28-11-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comercio e Promoción Económica, volve convocar, un ano máis, o Concurso de Escaparates de Nadal. As persoas que queiran participar deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal, prestando atención á orixinalidade para conseguir a atracción do público. Os escaparates deberán permanecer expostos entre o 14 de decembro de 2018 e o 7 de xaneiro de 2019. As solicitudes de inscrición poderán entregarse no rexistro municipal ata o vindeiro 12 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición do XIII Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames.